Apertura sen humidade

A primeira xornada da VII Liga de Vran en Perú Selva déixanos facianas agachadas na maioría dos casos. Moita auga nas apostas, pero nengunha no día de autos. Temperaturas dentro agardado e un refacho ínfimo dan coma resultado a primeira clasificación xeral, con diferenzas amplas, pero coa sensación de poderse modificar con facilidade. Dúo de gañadores, resultado das apostas de chuvia á baixa, poden estar tranquilos polo momento, con moitas posibilidades de pasar á Ojete´s Cup nos 16 cabezas de serie.

Para acceder ós datos recollidos en Santa Clotilde e o seu impacto nas távoas, pica no enlace embaixo estas liñas.

No tocante á III OjeteQuake World Globe temos un gañador que estrea marcador na sua primeira vitoria sismolóxica. Con variada actividade na zona de centroamérica e no norte de Chile, foi finalmente o sismo rexistrado en Turquía, na confluencia do Metditerráneo co Egeo, o que rexistrou o maior do día, con 5.5 Mg.. O gañador quedou a “somentes” 4000 kms,, pero coa maioría de apostas no Anel de Fogo, foron os apostantes fora deste os que acadaron mellores puntuacións.

Para estudar o acontecido na III OjeteQuake, na sua primeira xornada, fai clic no botón abaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *