A chamada da terra

A xornada inaugural da XI Liga da Inverneira en Galicia fai sonar a campá do xantar en Corrubedo. E ata 30 meteoludópatas acudiron á cita coa web de prediccións meteorolóxicas amateur con máis proxección do mundo dixital en lingua galega, eltiempoentuojete. Onte recibíronse as apostas e mañá domingo transmitiremos ao vivo a 1ª das 26 etapas en territorio galego que conforman a competición máis longa das que desputamos. Dende Corrubedo ata Xesteiras, en Cuntis, hai un longo treito que se fai pasiño a pasiño e, como meniños espelidos, este fin de semana erguémonos para dar os primeiros, sabendo que fouciñaremos de cando en vez pero con un obxectivo ineludible, chegar entre os mellores ata a vila termal.

As apostas en temperatura máxima van dende os 17 ata os 21º C. Polo que respecta ás mínimas, establécense entre os 11 e os 16º C. As apostas en pluviosidade móvense dende os 0 e os 20 litros, ainda que a maioría está por baixo dos 10. No que atinxe ós refachos de vento, recibimos prediccións entre os 23 e os 55 km/h.

Ulíscase gran batalla no primeiro día de competición á conta das apostas reseñadas. Non deixes de seguir a etapa ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta mesma madrugada ou dende a mañanciña do domingo en horario contínuo ata o final da xornada. Un bó comezo sempre é un bó presaxio…

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *