A chamada do Courel

Penúltima etapa de alta montaña a que se vai desputar este domingo en O Courel. Levamos un inverno con pouca precipitación, veremos se continua nesta xornada. Pola banda das apostas, na maioría dos casos todo moi apertado e será complexo acadar un vencedor único.

As temperaturas máximas oscilan entre os 6 e os 10º C, cun pico en 16. Nas mínimas, tod@s entre os 0 e os 4º C. A cantidade de chuvia vai dende 0 at os 5 litros, con picos extremos en 12, 17 e 22. O refacho de vento, máis aberto, anda entre os 22 e os 69 Km/h.

Como observamos, todo moi apertado nunha xornada que podes seguir ao vivo dende este enlace, activo a partires da madrugada do domingo.

Tamén damos conta da publicación da Crítica-crónica da xornada de Cabeza de Manzaneda, por parte do novato do ano, Julio. Vexamos se é tan bó escribindo coma gurú meteorolóxico. Podes atopala no botón de embaixo.

As apostas:

Sorte e clima!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *