Agardando pola chuvia

Así pasamos grande parte da tarde e a noitiña. Agardando por unha chuvia que non apareceu ata 2 horas máis tarde do peche da xornada. Ainda así atopamos unha gran cantidade de apostas de moito nivel, en case tódolos casos por riba dos 50 puntos.

A máxima a piques de chegar a 9º, pero quedou en 8. A mínima marcou de madrugada e mantívose unha tardiña agradable, sen chuvia e co refacho de vento crecendo conforme nos achegábamos ó límite temporal, acadando os 46 km/h finais.

Deste modo repiten as mulleres por terceira semana consecutiva levando a vitoria. Desta vez son 2 as vencedoras, con 58 puntazos. Unha inmersa na loita dentro do Top-10 e a outra leva unha alegría nunha Liga na que non se da adaptado. Por tras moitas puntuacións elevadas e algún pequeno troco na xeral.

Se queres acceder a tódolos resultados da xornada de Courel, 18ª da Liga da Inverneira, preme no botón baixo estas liñas.


Saudos e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *