“Búscase meteoludópata amateur para praza no Olimpo Meteorolóxico de eltiempoentuojete. Requisitos: gañar unha etapa épica.”
Pensas que podes ocupar un posto de referencia no Olimpo?. Seguro que cando comezaches a xogar en eltiempoentuojete soñabas con gañar unha xornada coma a de Ponte Caldelas esta semana. Un lugar cunha grande relación coa chuvia pero que nas 6 edicións desputadas non rexistrou nada de chuvia. Pois semella que nesta edición imos ter unha borrasca profunda con frío, vento e chuvia. Pero… cánto de cada?. Iso é o que trataremos de averiguar a tropa de meteoludópatas, dentro dunha competición que pode trocar moito a partires desta xornada.
As apostas en temperatura máxima son moi parellas e oscilan entre os 12 e os 16º C. As mínimas, tamén semellantes, están entre os 6 e os 10º C. Polo que atingue á cantidade de chuvia, atopamos apostas dende os 2 litros ata os 80 que aporta o líder da Liga. No refacho de vento, apostas dispares que van dende os 17 ata os 85 km/h.
- As apostas recibidas despóis das 24:00 horas non levan penalización dado que chegaron antes da 01:00 e non teñen retrasos anteriores. Recorda que a próxima xornada será a derradeira con extensión de unha hora. A partires da 7ª xornada, tod@ aquel que aposte despóis das 24:00 horas será penalizado.
Xornada polo tanto das que fan afición, con grandes marxes nos parámetros, sobre todo na pluviosidade e no refacho de vento. Non podes deixar de seguila e eiquí tes un enlace á xornada ao vivo, que dará comezo cara as 02:00 horas desta madrugada.