A chuvia ausente

Único paraugas usado en Marroxo no domingo

Case que podemos dicir que choveu en tódala comunidade agás na terra de Lemos. Día de “piolla jorda” que non chegou a afectar á estación de Marroxo, ainda que a outra estación do concello, á que está no pobo, rexistrou 0.6 litros. As temperaturas quedaron altas para o lugar e o tempo e o refacho acadou os 55 km/h., nun momento puntual do día.

E de todo isto sae un gañador en soidade, cunha predicción raiando no sobresainte. Landrán acadou 58 puntos de ensoño, superando ó resto de competidores, á conta dun refacho illado e unha chuvia que non chegou ata preto das 02:00 da madrugada. Entra de cachola no Top-10 e únese á loita polo título. Noraboa pola fazaña!!!

No segundo paso do podio está Julio, que segue a recortar puntos co trio de cabeza e alonxándose do 5º clasificado, xa a 7 puntos. A tendencia á alza fai acender as alarmas dos primeir@s clasificad@s. Popolo tamén acada eses 57 puntos, entrando forte no Top-20 e prometendo mellores tempos.

Dende eses 57 puntos temos que baixar ata os 54 puntos para atopar a Verducido, que volta compartir o posto cabeceiro. Compoñente Sur e Modesto afianzan os postos no Top-20, zona á que se achega Ocandepavlov, remontando dende á poza do xurro. Xowi chega ata o 5º posto e tentará reducir o burato cos postos superiores.

Con 53 puntos atopamos 4 xinetes. Parte do Top-3, Botikas e Beocha manteñen posición, vendo como Julio ameaza ó podio. Balboa segue recuperando sensacións, mentras Jose Lopez busca o punto que o achegue a un Top-10 que perdeu non fai moito.

Na clasificación xeral podemos atisbar un baixón no rendemento dos ocupantes do podio, que somentes está a aproveitar Julio. O Top-10 estaba moi estático e iso fai que xente coma Landrán cheguen con forza dende a zona media. Agardamos que sexan máis @s intrépid@s que tenten loitar por un título que ainda non está decidido, nen moito menos.

Se queres examinar o acaecido na 12ª xornada da VII Liga da Inverneira, en Marroxo, pica no enlace abaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *