A etapa desexada

Cando un meteoludópata de eltiempoetuojete soña co final dunha etapa, agarda verse no alto da táboa, e a ser posible, en soidade. É sinxelo de imaxinar… O que non é tan sinxelo é verte sosiño,no máis alto dunha etapa sen chuvia e descubrir que ademáis levas o trunfo, tamén en soidade, na nosa competición dos terremotos, a OjeteQuake.

O inicio da etapa en Tupelo foi fria e descartou vari@s apostantes xa a primeira hora. O termómetro baixou ata os 17º C. na mañanciña. As máximas chegaron na sobremesa, acadando os 33º C. nun momento puntual. Ainda que as nubes fixeron aparición, as prediccións foron boas e non caeu unha pinga de auga. Os refachos foron febles durante todo o día, marcando 15 km/h., que na actualización final presentou unha suba ata os 22 Km/h.

A etapa estivo controlada pol@s xogadores coas apostas de vento máis baixas e as temperaturas altas. Kalandrakas, Popolo e Nanuq lideraron a clasificación da xornada por longo tempo, mentras o refacho e a temperatura ian medrando.

Pero os resultados definitivos aumentaron o refacho ata os 22 km/h. e deixaron un gañador en soidade con 59 puntazos: Lukas. Somentes perdeu 1 punto na temperatura mínima, mallando o resto dos parámetros. Trepa na xeral ata o posto 19, añorando os 10 puntos perdidos por penalización na etapa inaugural.

Ata 7 meteoludópatas ateigan a segunda praza da etapa. Xowi, Jose Lopez, Nanuq, Modesto, Mina, Punteiro e Oscar achegan 58 pts. ao seu marcador. Outr@s 5 participantes suman 57 pts. Rasta76, Aki, Balboa, Ocandepavlov e Bar Pequeno.

O liderato segue en poder de Breogán77, ainda que viu mermada a diferencia con Xowi a só dous puntos. Rasta76 sube á terceira praza para completar o podio. Por tras un cuarteto con Compoñente Sur, Sarabia, Michi e Jose Lopez, a 6 pts. do líder. Un punto menos teñen Víbora, Nanuq e Modesto, que coronan o Top-10 da xeral meteorolóxica. Coas vacas sagradas máis aló do décimo posto, semella que unha segunda clase de xogador@s tratan de ascender ata o Olimpo Meteorolóxico de eltiempoentuojete. Unha grande oportunidade para xogadores de gama media que podería significar un pulo á súa carreira meteorolóxica amateur.

Se queres indagar nos datos recollidos a etapa de Tupelo, preme no botón embaixo estas liñas.

A OjeteQuake foi o detonante da entrada de Lukas no Rexistro Estadístico de eltiempoentuojete. Gañou, tamén en soidade, a etapa da semana da Liga dos Terremotos. Este sismoludópata é o expoñente a batir nesta competición. Entre os mellores en vitorias, escada ata o 4º posto na xeral, a pouco máis de 50 pts. do líder. Éste segue a ser Jose Lopez, que puntuou por riba dos 400 pts. A continuación atopamos ó líder meteorolóxico, Breogán77, que busca a machada de dous fíos. Víbora completa o podio nunha clasificación xeral moi apertada, con apenas 300 pts. dende o líder ata o posto 20.

Para coñecer todo o acontecido na 7ª etapa da OjeteQuake 2021, pica no enlace abaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *