Penúltima xornada da Liga de Primaveira 2021, a desputar e West Palm Beach e coa incertidume sobre as posibilidades de chuvia, pero que tamén afecta á Clasificación Xeral. Éste complexo turístico acolle a 9ª etapa da Liga nun momento decisivo da competición, con moit@s pretendentes para a altura na que estamos.
As temperaturas máximas oscilan entre os 29 e os 33º C. As mínimas, ainda máis apertadas amosan apostas entre os 24 e os 26º C. As prediccións para chuvia amosan unha grande maioría de apostantes descreid@s con valor 0. Somentes un terzo dos participantes son proclives unha xornada húmida, con valores dende 1 ata 3 litros. No refacho de vento, as apostas van dende os 26 ata os 64 km/h., sendo o parámetro con máis discusión.
Ainda agardamos por Bar Pequeno, que ten ata as 16:00 horas para presentar a súa aposta.
Esta decisiva etapa pode deixar as cousas máis claras para a derradeira xornada, ainda que tamén, de acordo ás apostas recibidas, podería manter a emoción ata o derradeiro minuto da Liga en USA. Podes seguir esta xornada ao vivo dende este enlace a partires das 07:00 horas desta mesma madrugada.
As apostas na OjeteQuake temos a maioría de apostas facendo a palleira na zona este do Anel de Fogo. Dende Indonesia cara o norte, ata territorio ruso. A maiores, apostas en Alaska, a costa pacífica dos Estados Unidos e en Centroamérica. A aposta máxima reflicte 6.6 Mg.
- Recorda que podes trocar a tua aposta no caso de erro, ainda que somentes para trocar negativo-positivo ou trocar latitude por lonxitude. Fáinolo saber enviando unha mensaxe ó noso correo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com antes das 20:00 horas.
Xornada para non perder o tren de cabeza, podes seguir a xornada sísmica ao vivo dende este enlace, a partires das 02;00 horas da madrugada do sábado.