Antepenúltima xornada da XI Liga da Inverneira a desputar en Xinzo coa presenza de Jana, unha borrasca do Atlántico que nos vai visitar, ainda que semella de xeito testimonial, de acordo o sinalado polas apostas. Somentes quedan tres oportunidades de mellora de clasificación e, ainda que Xinzo non parece que remexa moito o avispeiro, pode ser unha maneira de achegarse un pouco ata os obxectivos fixados.
As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 9 ata os 12º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 0 e os 5º C. As precipitacións establécense entre os 0 e os 7 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 24 ata os 73 km/h.
Estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de augurar ó atopar moita semellanza entre valores apostados. Non semella doado atopar un vencedor e menos en soidade, pero cousas máis compricadas sucederon. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día.
As apostas:

