Ainda máis emoción

Xinzo foi unha etapa con altas puntuacións, de perfil baixo, isto é, de temperaturas dentro do agardado, mínima chuvia e vento medio.pero ainda así, a estas alturas da papadela, xa no postre, deu unha volta máis na arandela da clasificación xeral. Lonxe de clarexar o desenlace e de despexar dúbidas, cubríu de neblina o final de competición, á que somentes lle restan dúas citas.

A temperatura mínima chegou na madrugada ata os 4º C., na media das prediccións dos mellores desta edición. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 11º C., na media da maioría dos pronósticos. O único litro de chuvia sí que era agardado, e o vento marcou un refacho máximo de 43 km/h. que deixou ledos á gran maioría de apostantes.

A vitoria correspondéulle con 58 puntos a dous meteoludópatas con distintos obxectivos nesta recta final de Liga. Para Denodeno significa a primeira vitoria e cuarta histórica. Na súa posición, a 24ª, nada mellor podía agardar, polo que noraboa. Para Víbora é a segunda, que pode ser importante no caso de empate na súa loita por chegar ata o Top-10. Moi preto da 11ª praza, veremos se pode chegar ainda máis alto.

E o que defende esa praza sumou en Xinzo 57 puntos. Xowi mantén a posición e acosa a Landrán na 9ª. Deféndese atacando, boa estratexia. Mesmos puntos para Bar Pequeno, que dende o Top-25 ve pasar a vida e agarda á primaveira e vran para volver dar a sorpresa.

56 puntos para Breogán77 que leva dúas derradeiras xornadas con marcas de alto rendimento. Non semella que poida dar máis de sí, non sendo unha vitoria parcial. Pero sí pode Modesto, que seica agardou ata o final para pisar o acelerador, mantendo unha mínima esperanza de chegar ata o Top-10. Pola súa banda, Sarabia despégase de Landrán e asexa a Verducido e Julio tentando recuperar a praza perdida.

Finalmente, con 55 puntos, tres Top-4. O semideus Botikas volve restar puntos co liderato e queda a 5 puntos de Magor a falta de 2 xornadas. Non se lle pode pedir máis, dando a emoción necesaria o fin de festa. Beocha e Mina, 3ª e 4ª manteñen unha loita sen cuartel polo podio e algo máis. O fin de semana do 8 de marzo, festa das donas, temos 3 no Top-5 e reivindican protagonismo nesta edición da Liga da Inverneira.

Esta foron as 10 mellores puntuacións na 24ª xornada, desputada en Xinzo. Para acadar tódolos datos xurdidos desta etapa pica no enlace que ofertamos baixo este texto.

Sorte e clima!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *