Primeira etapa de montaña do mes de decembro, un clásico, en A Fonsagrada. A estación de O Xipro recibe á tropa de eltiempoentuojete cunha xornada con friaxe e posibles nevaradas, xusto o que necesitamos para darlle emoción á competición. De novo estaremos atent@s o que faga Juanito Caminante, gurú da chuvia nesta edición. Con moito pesar temos que penalizar a duas competidoras tardosas por menos de 5 minutos, nun dos casos no Top-10 da xeral. A puntualidade, ás veces é o parámetro esquecido.
As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 4 e os 7º C. Tamén apertadas as apostas de temperatura mínima, con valores que van dende os 0 ata os 5º C. As cantidades de chuvia están entre os 3 e os 14 litros, quizais o parámetro máis aberto. Os refachos de vento arrancan en 31 e rematan en 69 km/h.
Con estes valores tan axustados so podemos agardar unha grande etapa no domingo, no que os competidores buscarán asentantarse na táboa da Clasificación Xeral. Se queres seguila ao vivo, preme neste enlace a partires das 01:30 horas desta madrugada..