Nesta 15ª etapa da Liga da Inverneira agardamos a visita da 1ª borrasca do ano, ou máis preciso ainda, unha baixa desprendida doutra borrasca maior que se atopa sobre o continente. Con destino no concello de Maceda, en Ourense, preparámonos para recibila dende o Alto do Rodicio, cunha altitude de case 1000 m. sobre o nivel do mar e que é sensible os refachos que se agardan, xunto coa chuvia e unhas temperaturas en ascenso.
As apostas en temperatura máxima van dende os 7 ata os 12º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 2 e 8º C. As precipitacións probables enmárcanse entre os 6 e os 40 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 22 ata os 99 km/h.
Ante a disparidade dos parámetros de predicción estamos ante unha xornada con resultado moi axustado e co desafío de atopar un ou vari@s gañadores. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día. A primeira borrasca ao vivo, non a perdas!!