A xornada do fin de semana despútase na que está adxetivada coma “raíña“. Unha de tantas, pois a Liga da Inverneira está chea delas, pero esta pode considerarse a raíña da provincia de Ourense. O escenario é unha estación de esquí, con máis de 1700 m. de altitude e xogando na metade de xaneiro. Semella unha xornada a ter en conta, sobre todo porque nos achegamos cada vez máis o tramo final da competición.
As apostas traen moitas diferenzas no que se agarda para Cabeza de Manzaneda. As temperaturas máximas andan entre os 9 e os -2º C., con un pico en 13º. As mínimas estan establecidas entre os -1 e os -10, cun pico de 1º positivo. As apostas de pluviosidade oscilan entre os 0 e os 3 litros, pero con maioría de seca. Os refachos de vento podes atopalos dende os 11 ata os 142 km/h!!!. No medio podes atopar todo tipo de rexistros.
Desta maneira temos por diante unha etapa de alto nivel e con condicións extremas. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace, ou dende o acceso rápido do menú principal.
Dato: O anemómetro traballa cando lle peta, coma sempre que nos achegamos á data de celebración da xornada. Agardamos non ter problemas, pero dependerá de Meteogalicia e as suas estacións que a xornada acade todos os parámetros necesarios para o completo desenrolo do xogo de eltiempoentuojete. Estaremos vixiantes….