Cada vez son máis decisivas as etapas a desputar, ainda que a de Nove Jarse o que trouxo foi máis incertidume ós postos cabeceiros. Cando tod@s apostabamos por chuvia, en Ljubljana esta non dou sinais de vida e os puntos tivemos que dirimilos pola diferenza desta seca.
A temperatura mínima fixóuse nas primeiras horas da noitiña con 13º C. que xa foron definitivos. No mediodía acadáronse os 23º C. de máxima e a chuvia que se agardaba pola tardiña non chegaba. E finalmente non mollou o pluviómetro en Nova Jarse. Os refachos de vento, coma sempre, foron frouxos e quedaron nuns miserentos 15 km/h.
E con estes resultados obtivemos un gañador en soidade con 58 puntos. Verducido mallóuno todo agás a cantidade de chuvia, na que perdeu eses dous puntos. Dende a 3ª praza superou a Landrán na 2ª despois de roubarlle 6 puntos e queda a somentes 2 puntos do liderato. A loita pola Liga de Primaveira está máis viva ca nunca, con un mínimo de 3 posibles vencedores, se non ascenden máis meteoludópatas do Top-10.
56 puntos para Beocha, que perdeu 3 na pluviosidade e 1 máis no refacho. Supera a Julio pola 4ª prazae sitúase a 5 puntos do podio e semella que ainda ten moito que dicir nas 2 xornadas que restan.
O líder Botikas obtivo 55 puntos para manterse no máis alto da clasificación, desta vez con Verducido nas súas costas. Colleu aire con Landrán pero non pode descoidarse del. Bo resultado se o comparamos con outr@s competidores do Top-10.
Non se poden queixar Kaltxon e Denodeno con 54 puntos. O fallo de Kaltxon estivo na auga e o de Denodeno nas temperaturas, pero poden dar cun canto nos dentes. Os dous manteñen a posición pero achéganse a só 3 e 7 puntos respectivamente da 5ª praza de Julio.
E con 52 puntos atopamos a Landrán e Pájaro. Para Landrán non foi un bó día, perdendo a 2ª praza, pero as diferenzas son mínimas. Dous puntos con Verducido e catro co líder Botikas. Só ten que agardar un mellor día. Pájaro volve ás portas dun Top-10 que perdeu por penalización e que semella querer recuperar a toda costa. Sería un gran resultado na súa primeira participación nas competicións meteorolóxicas de eltiempoentuojete.
Estes foron os 8 mellores clasificados na etapa de Nove Jarse. Para acadar tódolos datos resultantes da 8ª etapa, en Nove Jarse, pica no enlace que ofertamos baixo estas letras.