A tiranía dos cabeceiros

7ª xornada da Liga de Primaveira, primeira da xeira eslovena que nos levarán ata o final da competición. O Top-5 segue intratable nestas derradeiras xornadas, levando as mellores puntuacións e sen deixar que ninguén se achegue ou alonxe demasiado dando o seu máximo para a consecución do título. Vremenska foi outra xornada sen chuvia e desta forma os marcadores estiveron moi igualados, sobre todo no Top-10 da xeral.

A temperatura mínima marcóuse de madrugada, amosando 13º C. preto do abrente do día. Xa na hora do café o termómetro sinalou a máxima con 27º C. Unha vez máis o pluviómetro quedou baleiro e cara a hora do vermú rexistróuse o refacho máximo do día con 14 km/h.

Atopamos ós vencedores con 58 puntos no Top-5. Botikas acada a sua terceira vitoria consecutiva para non ter que compartir o liderato da competición. Semella tan forte coma sempre e vai camiño de anotar outro trunfo no seu palmarés. Un dos que intentarán arruinarlle o sorriso é Verducido, dende a terceira posición non se rende e, ainda que 5 puntos por tras, séguelle a pista nesta xornada. Un chanzo por tras saborea a súa primeira vitoria no Adriático Julio, que dende a 4ª praza tampouco tira a toalla e mantén unha gran traxectoria.

Ata 6 participantes chegaron ata os 57 puntos. Landrán dende a segunda praza segue axexando ó agora líder tentando levar a súa primeira vitoria nunha competición. É o inimigo número un do líder, somentes un punto por tras e de seguro atacará o posto de privilexio. Beocha e Kaltxon, 5ª e 6º respectivamente buscarán un faio dos de enriba para escalar posicións e tentar dar o salto. Modesto e Compoñente Sur arrebatáronlle a posición a Víbora e circulan 8º e 9º respectivamente, tamén na busca dun erro que lles permita mellorar. Remontando está Okonor, que dende a pior puntuación da 1ª xornada ven adiantando xente para colocarse o 23 de 28. Pena de inicio, pero vai buscar unha vitoria con tódalas forzas posibles.

Estes foron os 9 mellores clasificados en Vremenska. Para acceder á totalidade dos datos recollidos nesta 7ª etapa, pica no enlace que deixamos baixo estas letras.

Sorte e clima!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *