A xornada desputada en Lira esta fin de semana estivo marcada polo tempo solleiro e un vento feble que resultou nunha alta puntuación de case tódol@s meteoludópatas.
A temperatura máxima rondou os 18º C., pero quedou en 17. Mesmo caso para a mínima, que se achegou ós 11º C., pero rematou nos 12 definitivos. Co parámetro da auga no peto, o vento poido ter protagonismo, pero quedou nunha marca pouco por riba dos 20 km/h. Poucos trocos ó longo da xornada, e non mudaron na távoa de resultados dende o mediodía, cando, as 12;00 , quedaron fixos os parámetros. Ainda así houbo que agardar ata o final da xornada para acadar os resultados definitivos.
Éstes resultaron nunha vitoria cuádruple, con Iago, Popolo, Víbora e Nanuq coma protagonistas con 58 bonitos puntos. Para Iago e Popolo supón unha inxeción de moral vendo cómo lles vai nesta edición. Olvidados máis alá do posto 20, estas vacas sagradas non atravesan o mellor momento. Isto muda para Nanuq e Víbora. O primeiro trata de se achegar ó Top-3, consolidando a posición. Víbora ingresa no Top-10, tentando recuperar sensacións cara o tramo montañoso da liga.
Un punto por tras, 57, unha recua de ludópatas. Botikas colle o mando, ainda que a távoa non fai conta das vitorias. Beocha queda a un só punto do liderato compartido e mete o Top-3 nunha puñada. Nanuq tenta pechar o burato con este grupo e coller aire cos persecutores. Xowi afiánzase na 8ª praza. Juanito Caminante, Aki e Budainca petan na porta do Top-10 recuperando confianza cara a montaña. Tamén asoma a cacheira Kaltxón, ainda que dende un posto preto do purín. Isto pecha o Top-10 da xornada.
Algúns detalles importantes. Verducido perde o liderato, ainda que só por unha vitoria, pero ve como Beocha tamén ameaza a posición. Michi segue caindo na clasificación xeral, esta semana somentes 52 puntos. E coma case tódolos anos, unha leción de vida. Mutombo perdeu 10 puntos por tardón. Estaría na plantilla de gañadores en Lira se non fora por apenas unha hora. E, como dicimos, non é a primeira vez…
E para acadar tódolos datos da xornada desputada en Lira, preme no botón abaixo exposto.
Na próxima xornada, en A Gándara, despediremos a costa de Galicia para percorrer o interior do país, con especial virulencia nas provincias de Lugo e Ourense.
Grazas por seguir a competir con nós e por coidarte.