Abrindo un corte

A 6ª etapa da IX Liga de Primaveira, desputada en Point Petre, dixa uns resultados que semellan abren un corte na parte alta da Clasificación xeral. É unha distancia salvable, pero que mellor sería pechar canto antes por parte dos interesados persecutores. Troco de liderato que asume Botikas, acompañado de Sarabia, con Julio e Verducido pechando o corte de 4 meteoludópatas que tentan alonxarse do resto.

A xornada comezou cunha temperatura moi alta, 17º C. Semellaba que podía acadar cotas altas de calor, pero quedou estancada en 19º C. despois da sobremesa. A mínima fíxose agardar ata as derradeiras horas, marcando 12º C., tamén alta para o apostado. A chuvia non fixo acto de aparición, o que amolou a varios competidores. O refacho de vento tivemos que buscalo de novo na emisión ao vivo, pois non se amosa no histórico. Quedou nuns febles 19 Km/h.

Con estes valores atopamos gañadora en soidade. Mina consegue 57 puntos que a meten de cheo no Top-10, preto do grupo cabeceiro. Somentes perdeu un punto en cada parámetro de temperatura e outro no refacho de vento. Chega á sua vitoria número 30. Noraboa por todo isto.

Iago e Julio chegaron ata os 56 puntos, con apostas tamén sobre seco. Julio pecha o corte na cachola da xeral mentras Iago sube ata o posto 20.

55 puntos sumaron Marius e Botikas, que prediciron 1 litro de chuvia, sendo a diferencia cos seus predecesores en Point Petre. Marius pecha o Top-10 da xeral e Botikas asume o liderato da Liga de Primaveira en Ontario.

Sarabia obtivo 54 puntos e compartilla con Botikas a cacheira da xeral, coa diferencia das vitorias que a deixa un pouco por baixo do cacique.

E ata 4 competidores comparten a puntuación de 53 puntos. Nanuq, Landrán, Xowi e Kaltxon. Somentes Xowi estiba no Top-10, o resto circula máis aló do posto 15 que marca Landrán.

Estes son as 10 mellores puntuacións en Point Petre. Se queres consultar tódolos datos sustraidos da 6ª etapa da Liga de Primaveira, pica no enlace baixo estas letras.

Na OjeteQuake 2022 o sismo máximo foi o rexistrado nas Illas Marianas xa pola tarde do domingo. Ainda que de primeiras foi valorado coma un 5,6 Mg., posteriormente rebaixou a sua intensidade ata os 5,5 Mg. definitivos.

Víbora (495) é o primeiro participante en acadar 2 vitorias sísmicas nesta edición, as dúas por riba dos 490 puntos. Ademáis, chega ata a segunda praza de vitorias sísmicas históricas, somentes por baixo de Budainca, que obtivo a segunda mellor marca da xornada (482). A seguir ven o líder Kaltxon (481) e Xowi (479), na sexta praza da xeral. Rasta76 (478) apóstase ás beiras do Top-10.

Para acadar toda a información sobre a 6ª xornada da OjeteQuake 2022, preme o botón que expoñemos embaixo este párrafo.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *