De novo agardamos unha xornada de altas presións, con ceos maiormente despexados, temperaturas mornas e ventos frouxos. Pero esta alta presión tamén se vive na táboa xeral de clasificación, onde os marxes son cada vez máis pequenos cando somentes restan 7 xornadas para o desenlace final. E non se pode agardar a etapas con grandes cantidades de chuvia para axitar o limoeiro, hai que se ir movendo a modiño para buscar a posición desexada. Nunca se sabe se a chuvia virá ó rescate e cómo nos comportaremos cando chegue o momento. Con isto queremos dicir que tódalas etapas son importantes, incluso esta de O Cebreiro, que semella insulsa e de transición. Cada punto conta e o derradeiro día podes botalo en falta…
As apostas en temperatura máxima enmárcanse entre os 10 e os 14º C. Polo que respecta ás mínimas atopamos valores dende os 2 ata os 7º C. Somentes un apostante cheirou auga e se lanzou á aventura con 2 litros, o resto, deserto. No que atinxe ós refachos de vento, temos valores entre os 10 e os 51 km/h.
A pesares de ser unha xornada sen chuvia temos ante nós unha etapa moi emocionante, con algúns factores de diversidade e coa clasificación xeral en xogo. Podes seguila ao vivo dende este enlace a partires da 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo en horario ininterrumpido ata o remate do tempo reglamentario. Non a perdas, calqueira punto é importante a estas alturas de competición e mañán estaremos a contalo en directo.