En O Cebreiro celebróuse a penúltima das etapas de montaña que se desenvolven maioritariamente na zona oriental do país, en Lugo e Ourense. Somentes resta Lardeira, en Carballeda de Valdeorras e voltaremos cara a costa galega. Foi esta etapa de O Cebreiro seca e morna e con vento suave, o que propiciou altas puntuacións e poucos movementos na Clasificación Xeral.
A temperatura mínima marcóuse no amencer do domingo rexistrando 6º C., impropia do final do mes de xaneiro nesta zona. A máxima acadóuse na sobremesa con un valor de 12.6 redondeado a 13º C. Nin rastro de chuvia e cun vento que sinalou o seu refacho máximo na madrugada do domingo, pouco antes da temperatura mínima, con 42 km/h.
E, ainda que pareza mentira, obtivemos un gañador en soidade, a pesar da competitividade e as altas puntuacións. Xowi, con 59 puntos, somentes errou no vento, mallando as temperaturas. Sube ata o 8º posto e sitúase a só 8 puntos do Top-5, un gran aliciente para esta vaca sagrada da predicción amateur. Parabens para o canadiano!!
Ata 5 apostantes acadaron a 2ª mellor puntuación do día con 58 puntos. Marius supera a Mina e chega ata o Top-5, ainda que terá que loitar para mantelo ou para mellorar posición. Compoñente Sur mantén a 7ª praza e achégase ata o Top-5. Víbora tamén ameaza os seus predecesores e xa está a 3 puntos do Top-10. Rasdgar tamén sube unha posición, ata a 13ª e atópase cun gran burato para chegar ata o Top-10, pero se mantén a súa traxectoria pode ir comendo terreo. Punteiro escala ata a praza 16 dende a 19 e continúa a recuperación.
Outros 5 meteoludópatas suman 57 puntos en O Cebreiro. O trio de cacheira da xeral, Botikas, Kaltxon e Verducido non modifica nin posicións nin distancia, polo que como antes desta xornada. Modesto e Popolo manteñen a súa loita particular, con Modesto subindo un posto ata o 14º e Popolo trepando 3 ata o 15º.
Se queres máis información do acontecido na 19ª xornada da Liga da Inverneira, desputada en O Cebreiro, pica no enlace que ofertamos baixo estas letras.