Primeira xornada do ano 2022 e semella que a clasificación xeral volta a estar máis parella que nunca antes nesta edición. As temperaturas foron altas para a época do ano, cunha mínima que quedou estancada en 7º C. A máxima acadóuse no mediodía, cun valor de 12º C. A chuvia concentróuse nas primeiras horas do día, enchendo 2 litros na cubeta da estación. Os refachos de vento tamén se notaron máis nesas primeiras horas, deixando un máximo de 45 km/h.
Verducido volve gañar no Alto do Rodicio, despois de facelo no 2015 e no 2017. Mallou as temperaturas e maila chuvia, deixando dous puntos no refacho para un total de 58 puntos. Achégase ata a terceira praza, a 6 puntos do líder e a 1 do segundo chanzo da xeral.
Con 57 puntos entraron Xowi, que continúa no liderato, Michi, que mantén a 17ª praza, Breogán77, no lugar 19 e Rasta76, máis aló do posto 25.
Beocha sube ata a segunda praza da xeral á conta dos 56 puntos acadados, a 5 do líder. Tamén Botikas replica a puntuación para manter a 5ª praza, botándose enriba de Juanito Caminante. Mesmos 56 puntos para Julio, Punteiro e Balboa, que tentan entrar no Top-10 da xeral.
Estes son os 10 mellores clasificados no Alto do Rodicio. A xeral segue liderada por Xowi, con Beocha e Verducido en postos de podio. Juanito Caminante semella agardar pola tormenta na 4ª praza, xusto por diante de Botikas. Sarabia e Popolo andan á sua procura collendo distancia sobre Ocandepavlov e a dupla Nanuq–Modesto que pechan o Top-10 nesta 15ª etapa da Liga da Inverneira.
Se queres coñecer todo o acontecido na xornada do Alto do Rodicio podes atopar máis información no enlace que achegamos baixo este párrafo.