Antes de nada, felicitar ó grosso dos meteoludópatas de eltiempoentuojete. A media de puntos xeral estivo por riba dos 55 puntos, posiblemente un record nunha xornada de calqueira competición celebrada. Somentes o tardoso e un pronóstico de chuvia baixaron o nivel de calidade.
Pero o realmente incrible é que teñamos unha gañadora en soidade. Antes de que caese a etapa do seu lado, tiñamos 7 distintos vendedores. Somentes 4 kms/h a separaron dun pleno que fai máis de 2 tempadas que non sucede. Entra no Top-5 da clasificación xeral e presenta solicitude de loita.
A xeral móvese bastante, a pesar da igualdade da xornada. A pouca diferenza nos postos de élite tradúcese en pequenos trocos de posición, ainda que semella que a xeral está máis compacta que antes. Os 10 primeiros están nunha distancia de 8 puntos e por tras veñen dando luces unha caravana ávida de mellora na clasificación. Na fronte, o líder segue inalterable e acada o seu primeiro galardón de Xogador do mes de Outubro. Noraboa.
Se queres acceder a tódolos datos da 5ª xornada da Liga da Inverneira, xogada en Ponte Caldelas, pica no botón abaixo exposto.