Derradeira etapa da X Liga da Inverneira e semella que Cuntis quere dar unha última oportunidade ós competidores para maquillar o seu casilleiro xeral. Nun lugar inhóspito vaise desputar esta etapa final, con choiva (moita, pouca ou nula segundo as apostas) e quizais algo de vento e moitos son ainda os frentes abertos, máis se cabe ó visualizar as prediccións na táboa de apostas.
Para as temperaturas máximas temos valores que van dende os 12 ós 19º C. Polo que atinxe ás mínimas, as apostas están entre os 7 e os 13º C. As cantidades de chuvia oscilan entre os 0 e os 15 litros. Polo que respecta ós refachos de vento, están entre os 14 e os 63 km/h.
Moito marxe en tódolos parámetros con diferenzas notables entre apostantes o que presume unha xornada caótica e con trocos contínuos, ainda que a chuvia agárdase para primeira hora, o vento tamén pero podería mudar na tardiña e as temperaturas na súa hora habitual, na madrugada e cara o mediodía.
Pola parte alta, ainda que Botikas semella ter o galardón na súa man, ten ainda un pequeno burato onde Verducido, de facer pleno, levaría o trunfo final. Moi compricado, pero coa esperanza do náufrago. Non semella que teñan esperanza de mellora Kaltxon e Beocha, pero Marius sí podería acceder ó 4º posto de mallar as súas prediccións. Xowi ainda facendo pleno quedaría un punto por tras de Marius, pero sí Landrán, que de facer pleno ou case pleno roubaríalle a praza a Marius. Se a que acerta é Mina podería chegar ó 6º posto desbancando a Xowi e Landrán. Facendo pleno Balboa quedaría a un punto de Xowi e empataría con Landrán, ainda que o desempate non lle sería favorable e ocuparía o 8º posto. No caso de Breogán77, facendo pleno chegaría á 9ª praza. Pola loita por acadar posto no Top-10, ata Punteiro dende o posto 14 ten posibilidades, con Compoñente Sur, Popolo e Víbora entre eles. Rasdgar podería acadar o 12º como mellor posición, gran resultado para o rookie do ano. Todas estas cábalas están baseadas en puntuacións máximas, ou sexa, plenos. Calquer outro resultado daría situacións inesperadas que non imos concretar agora. Pero que saibades que estas son as máximas opcións destes xogador@s.
Como podedes ver non hai nada dito ata o derradeiro minuto nesta X Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Se algunha xornada tes que seguir ao vivo, é esta de Xesteiras, onde se decide o devir final da competición. Podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas da madrugada (senón antes, pero hai compromisos ineludibles) e o domingo en horario contínuo dende a mañanciña ata o final do día. Esta vez sí que non o podes deixar de ver en direto!!