As nais e o traballo

Esta semana desputamos a 4ª etapa da Liga de Primaveira e da OjeteQuake 2022 e queremos adicala a tódalas nais no seu día indicado. Do traballo nin falar…

Moita disparidade nas apostas en Brantford, que estivo estragada durante o mércores e o xoves. Hoxe semella estar arranxada e ingresaron os datos do venres sen problema algún. Agardamos non de problemas no día de autos. As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 11 e os 17º C. Moita amplitude tamén nas mínimas, con valores que van dende os 3 ata os 10º C. No que atingue á pluviosidade, temos apostas dende 2 litros ata un máximo de 12. Os refachos de vento están representados por valores que van dende os 22 ata os 69 km/h.

Con estas apostas temos ante nós unha xornada con moitas diferenzas entre os competidores e que pode trocar sustancialmente a clasificación xeral. Podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace a partires das 06:00 horas desta madrugada.

As apostas da xornada para a OjeteQuake 2022 semellan moi espalladas no mapa. A maioría, coma de costume, amoréanse na zona do sudeste asiático, pero tamén atopamos apostas no continente americano, Mongolia, Sri Lanka, no este de Madagascar ou en Nova Zelanda. A aposta de magnitude máis alta acada os 6,2 Mg.

Podes seguir a etapa sísmica ao vivo dende este enlace a partires da 01:00 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

Apostas meteo
Apostas sísmicas

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *