Dende eltiempoentuojete damos inicio a 8ª tempada coa celebración na terra nai das competicións meteorolóxicas amateurs: A Liga da Inverneira na Galiza.
Ésta é a sétima edición da competición máis completa das realizadas nesta web. Contará con 26 xornadas repartidas por todo o país, a maioría grandes coñecidas polos meteoludópatas de eltiempoentuojete. A situación temporal das etapas tamén corresponde na sua maioría ás desputadas anteriormente, O comezo, coma de costume, será en Corrubedo esta mesma fin de semana. Recorda facer a tua aposta antes das 24:00 horas (máis detalles, eiquí).
Se coñeces algún friki que queira xogar connosco, estás en disposición de invitar a quen te pete. Non esquezades darlle unhas nocións do xogo e adoctrinalos na meteoludopatía científica. E sobre todo, darlle importancia a puntualidade nas apostas.
Este ano, coma os derradeiros, o obxetivo a batir será Botikas. Lenda das ligas meteorolóxicas, sobre todo na Galiza, quen o derroque terá suite presidencial no Olimpo Meteorolóxico. Da mesma forma, Botikas tentará batise a él mesmo, obxetivo compricado pola alta efectividade xeral nas derradeiras competicións. Agardamos unha competencia fonda ata a derradeira xornada, en Cuntis, e elevando o listón da calidade das predicións ata superar ás axencias meteorolóxicas profesionais.
Nese senso seguimos a confiar a resposta ás nosas apostas en Meteogalicia, que agardamos traballe coma sempre (ou mellor) e non ter problemas na recepción dos resultados das estacións en xogo.
A web xa ten á tua disposición os enlaces necesarios para a desputa da primeira xornada, que podes consultar nos menús e na barra lateral. Pero se atopas calqueira dato erróneo ou faio de funcionamento de enlaces ou semellante, non dubides en facérnolo saber en Fala con nós!!, ou no correo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com. Axudándonos, axudas atódol@s xogadores.
Polo tanto, non deixes de participar nunha competición única no seu xénero, lonxe do convencional. A partires de agora está aberto o Formulario de apostas para depositar a tua aposta antes das 24:00 horas do venres 25 de septembro. Vamos, en tres días. O desnlace, o domingo, no que podes seguir o desenrolo da etapa na Xornada ao vivo.