Iniciamos unha nova aventura meteorolóxica, desta vez no continente sudamericano. 26 xogadores presentados no venres disputarán a 1ª etapa, a 4880 metros de altitude, na coerdilleira andina, na Lagoa de Sibinacocha. A primeira tanda de xornadas vanse disputar a grande altitude, nos Andes, antes de baixar ata a planicie selvática amazónica pertencente ó Perú. Non semella doado como comezo…
As apostas en temperatura máxima están estabilizadas e van dende os 4 ata os 8º C. Ainda que nos atopamos cunha aposta de 18º C., que non semella acorde cos case 5000 metros da estación. Os valores para as mínimas oscilan entre -5 e os 0º C., tamén cunha aposta soicida de 6º C. As precipitacións móvense nun rango de entre 0 e 3 litros, con outra destemida predición de 14 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 12 ata os 64 km/h.
Estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de predicir ó atopar poucas diferenzas entre valores apostados e o marxe é mínimo. Non semella doado augurar un vencedor, pero o certo é que imos telo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da mañanciña do domingo, debido ás diferencias horarias co país andino, ata o final do día alá, xa na mañán do luns de Pascua. Para atopar os datos actualizados, busca no mapa (despois de descartar as estacións convencionais e deixar só as automáticas) Sibinacocha, nun conxunto de lagóas á dereita da cidade de Cuzco, no leste da área central do país.
As apostas:

