Moi tranquila resultou a xornada desputada este fin de semana en O Courel, coa falta de chuvia coma factor determinante. Pero tamén o foi o rexistro de refacho de vento, frouxo, acompañado de temperaturas dentro do agardado. A temperatura mínima acadóuse na mañanciña do domingo, situándose en 0º C. A máxima alzóuse ata os 11º C. no mediodía. O vento apenas existiu, situando o máximo nuns febles 15 km/h.
Despois de varias semanas a vitoria volve compartirse entre 2 xogadores. 58 puntazos foron os acadados por Kaltxon e Denodeno. Por certo, a banda de música é para este último. 162 xornadas precisou para acadar a sua primeira vitoria nas competicións de eltiempoentuojete. Obxeto de apostas externas, por fin entalla o seu nome no muro das vitorias históricas. Noraboa por este fito tan agardado que semellaba non chegaría nunca. Nun día coma hoxe non falaremos da sua baixa clasificación. Pola sua banda, Kaltxon segue nunha tendencia cara enriba, acada o posto 17 a tiro de pedra.
Xowi e Julio achegaron 57 puntos no marcador. Xowi recupera o liderato ante unha xornada frouxa de Verducido. Julio mantén a 6ª praza pero colócase a un só punto de Botikas e Juanito Caminante, alongando a sua boa xeira que leva neste mes de xaneiro. Iru e Landrán tamén obteñen 57 puntos ainda que a sua posición vai máis aló do posto 20.
E ata 7 competidor@s comparten a terceira mellor marca da xornada. Beocha, Botikas e Nanuq seguen na loita dentro do Top-10 e son ameazas plausibles para a vitoria final da Liga. Mina sitúase no posto 18 mentras Kalandrakas, Iago e Budainca están máis aló do posto 25.
A clasificación xeral volve estar capitaneada por Xowi, que lle arrebata o liderato a Verducido, que queda un punto por tras. Beocha segue na terceira praza, a 2 puntos de Xowi e a 1 de Verducido. Juanito Caminante e Botikas marchan 8 puntos detrás do trio do podio, con Julio a un só punto da parella. Nanuq perde 5 puntos con Julio e 9 deixan atrás Sarabia, Aki e Popolo, pechando o Top-10 en O Courel.
Se queres coñecer todo o acontecido na 18ª etapa da Liga da Inverneira, en O Courel, pica no enlace que expoñemos embaixo estas letras.