Xeadas anticiclónicas

O anticiclón segue a dominar o sur de Europa, deixando xeadas e friaxe nas noites e amenceres e tempo solleiro durante o día. A estación de O Courel está máis acostumada ás chuvias de inverneira, pero a súa situación na provincia de Lugo fai que non sexa estrana esta situación xélida. Semella que o movimento na xeral será frouxo, pero como observamos na derradeira etapa, cada punto en liza é unha odisea persoal e podes botalo en falta nas etapas posteriores. As apostas voltan estar moi apertadas e a vitoria en soidade non aparenta a opción máis posible. Ademáis, moitas loitas precisan ir desenleándose cara un final de liga que semella apaixoante.

As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 8 e os 14º C. As prediccións na temperatura mínima fluctúan entre os 3 e os -3º C. Voltan estar baleiras as apostas de chuvia e os refachos de vento apostados van dende os 8 ata os 44 km/h.

Con estas apostas agárdanos unha nova etapa emocionante na montaña lucense. Ollo ás pequenas diferenzas, poden ser a chave da vitoria ou a mellora na xeral. Podes seguila ao vivo dende este enlace a partires da 01:30 desta mesma madrugada. Mellor non a perdas… sobre todo despois de saber da penalización do 8º clasificado, que pode modificar o Top-10 da xeral.

As apostas:

Saúde e clima!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *