Calma chicha

A 4ª xornada da Liga da Inverneira, en A Armenteira, deixa poucos trocos na clasificación xeral á conta dunha xornada na liña do agardado e con carencia de auga e vento. O día foi solleiro e as temperaturas foron altas, tanto na mínima coma na máxima.

Con este panorama era compricado listar a un único gañador. Pero iso foi o que pasou. Breogán77 acadou a vitoria en soidade, deixando somentes 2 puntos na máxima e o refacho. Semella que xa deixou de celebrar a vitoria na Ojete’s Cup, pero segue afundido tras un mal comezo de competición. Noraboa polo marcador.

Con un punto menos tamén atopamos xente da retaguarda da xeral. Bar Pequeno e M. B. Juaquín estiveron preto da vitoria e comparten puntuación con xente da élite coma Juanito Caminante, Punteiro, Verducido e Nanuq, que ocupan praza no Top-10.

Boa xornada tamén para quen acadou 56 puntos. Beocha, Lume, Sarabia, Aki, Ocandepavlov, Landrán, Modesto, Marius e Kaltxon botaron o curriculum tentando trepar na xeral, cada cal no seu estrato.

Con 55 puntos atopamos a un grupo de aspirantes a máis, entre eles Michi, Botikas, Julio, Rasta76, Kalandrakas e Iru. Dalles para manterse, pouco máis…

Na cara oculta da xornada atopamos a Popolo e Mutombo, con uns míseros 51 puntos, baixando posicións. Ainda máis soterrados na xornada, os dous retrasados, Oscar e Denodeno, que farían boa xornada se non fora polo modorra amosada en Armenteira.

Na clasificación xeral poucos trocos podes atopar. Balboa continúa coma líder , seguido por Nanuq e Verducido a dous puntos. Puntuacións emparelladas conforman o Top-10. Michi e Beocha con 222, Punteiro e Lume 219, Botikas e Sarabia con 218 e Jose Lopez e Juanito Caminante con 217.

Se queres sumerxirte no acontecido na 4ª xornada da VII Liga da Inverneira, en A Armenteira, pica no botón de embaixo estas liñas.

  • Non foi posible recuperar os datos do Histórico de Meteogalicia. Os datos están tomados das gráficas da estación de A Armenteira.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *