A dirección despois de observar, atenta, detida e concienzudamente o funcionamento da páxina de O Xipro, na Fonsagrada, chegou a conclusión que esta non é de fiar, levamos duas xornadas monitorizando os datos, e hoxe leva a a metade do día sin funcionar .
Polo tanto, decidimos adiantar a xornada da vindeira semana, a do Marroxo, en Monforte de Lemos . Así que lembramos a todos que esta dirección non é a culpable, senon o desleixo da administración coas cousas de todos, polo que nega calqueira responsabilidade a afirma que cada pau aguante a súa vela.