Camiño cara a gloria

Primeira xornada da Ojete’s Cup en India e semella que o grupo de elite fixo os deberes e estudou ben esta etapa inaugural, Isto reflicten as apostas en Pattambi, no distrito de Palakkad do estado de Kerala. A India segue a ser terreo compricado para a predicción en chuvia e o parámetro figura coma fundamental para pasar esta primeira xeira de enfrontamentos.

As apostas en temperatura máxima oscilan pouco, entre os 26 e os 28º C. As temperaturas mínimas representan valores que van dende os 22 e os 24º C. As tornas trocan cando falamos da chuvia, con apostas dende os 4 ata os 27 litros. Os refachos de vento inician en 15 km/h e chegan ata os 53 Km/h.

Vendo os enfrontamentos un por un, o parámetro da chuvia é o que marca a diferencia entre participantes, ainda que o refacho de vento vai ser importante nas loitas Punteiro-Botikas e Mina-Compoñente Sur, onde a disparidade é maior. Os emparellamentos Lume-Xowi, Kaltxon-Beocha e Modesto-Michi son moi semellantes e o resultado será incerto ata o derradeiro minuto.

Non podes perder o desenrolo desta xornada inaugural, e por iso temos un enlace á etapa ao vivo, que comezará a traballar cara as 03:00 horas desta mesma madrugada.

Na OjeteQuake, a xornada 18 trae moit@s retrasad@s debido á confusión polo remate do Torneo de Vran. A meirande parte das apostas seguen localizadas en toda a parte oriental de Asia, dende o norte de Rusia ata o norte de Nova Zelanda. Fora dese ámbito atopamos epicentros en Perú e o norte de Chile, ao sur de Nova Zelanda, na fronteira de Turquía con Irán e no sur de Israel. A magnitude máxima apostada acada os 6,2 Mg.

Para seguir a xornada en directo, deixamos este enlace á xornada ao vivo, que comezará a traballar cara as 03:00 desta mesma madrugada.

As apostas:

Apostas meteo
Apostas sísmicas

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *