A terceira xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete achega ata Galicia unha fronte despendida dunha borrasca sobre Irlanda. E trae ás nosas costas auga e espuma, fría e ventosa. Semella ser desas xornadas que separan o millo da palla, os maiores dos rapaces. o aceite da auga. E tí… quén eres, millo ou palla?.
As temperaturas máximas amosan dende 14 ata 21º C e as mínimas van dende 10 ata 16º C. A cantidade de auga comeza en 0 litros e remata en 42 litros, coa maioría das apostas por riba dos 30 litros. O tema do refacho carece de lóxica, cando atopamos dende 12 ata 84 km/hora.
Podes seguir a xornada ao vivo dende eiquí a partires das 03:00 horas da madrugada do domingo.