A volta da chuvia nesta 15ª xornada en o Alto do Rodicio produxo unha auténtica desfeita na távoa de resultados, onde ninguén acadou os 50 puntos e somentes 7 meteoludópatas lograron superar os 40. A cantidade de chuvia e o refacho de vento foron os dinamitantes causantes das baixas puntuacións recollidas no concello ourensán de Maceda.
A temperatura mínima chegou na noitiña ata os 5º C. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 9º C. redondeados. A chuvia non deixou de encher o pluviómetro marcando no histórico 41 litros e o vento marcou un refacho máximo de 94 km/h.
Con estes resultados só se pode agardar un gañador en soidade con 49 puntos. M. B Joaquín volveu dar a badalada en xornadas arriscadas e convértese no primeiro xogador en acadar as 3 vitorias nesta edición. Non foron máis puntos porque a súa aposta en refacho deixou moito que desexar, perdendo neste parámetro ata 8 puntos. 2 máis deixou nas temperaturas pero os 19 sobre 20 puntos da pluviosidade permitíulle levantar o trofeo en Maceda. Mantén o posto 22, xa preto do grupo que quere entrar no Top-20 e deixa atrás os persecutores a máis de 30 puntos de diferenza. Pode centrarse en mirar cara arriba!!
Kaltxon suma 48 puntos e acada a 2ª posición na etapa con grandes resultados en temperatura e vento e perdendo 10 puntos na chuvia, que nesta etapa non é moito. Dende a 8ª posición escala ata a 4ª, xa no Top-5 e moi preto do podio. Gran remontada está levando a cabo!!
A lideresa Magor engadiu 47 puntos no seu marcador e semella que medra cando chove. Despois de ir perdendo renda nas etapas en seco, esta de chuvia volve a coller distancia cos lobos que a tentan acosar. Benvida a chuvia para tí!!
E un dos pricipais lobos persecutores, Botikas, suma 46 puntos para manterse na loita polo título. Resultados semellantes a Magor que o manteñen na segunda praza de honra ainda máis alonxado dos seus propios persecutores. Ainda hai tempo para a fazaña!!
Modesto suma 44 puntos no Rodicio e por fin experimenta un crecemento na xeral. Boa aposta de pluviosidade que non secundou nas temperaturas nin no refacho. Puido ser mellor, pero sube dende o 16º posto ata o 13º xa moi preto do Top-10. A manter a liña!!
Compoñente Sur, con 43 puntos, tamén nota o pulo e, dende o posto 20 sube ata o 16º na clasificación xeral. Prepárase para ingresar nogrupo que loita por acadar o Top-10 da xeral. Imos a elo!!
E 42 puntos para Julio que superou a proba da chuvia con creces. Incluso trepou na xeral ata o 3º posto, o bronce do podio. Ainda que bastante acosado polos persecutores, o podio é bo premio nunha etapa deste estilo. Resistir ou superarse?
Esta foron as 7 mellores puntuacións na 15ª etapa da Liga da Inverneira no Alto do Rodicio. Se queres acadar toda a información extraida dos datos no concello de Maceda,preme no botón que deixamos presentado baixo este texto.