Impresionante o desenrolo da derradeira etapa do IX Torneo de Vran edición Brahmaputra. Máis da metade dos participantes estiveron nalgún momento coma líderes de etapa. E outro tanto co Top-16, onde os participantes entraban e saían del cunha velocidade inusual, a medida que a chuvia enchía a cubeta da estación de Tura.
A xornada comezaba a 26º C., pero pronto baixou ata acadar a temperatura mínima da xornada, que marcou os 24º C. definitivo. A cubeta levaba 40 litros do día anterior, pero xa ás 03:00 horas acumulaba 15 litros no domingo. Ademáis, cara a 01:00 acadábase o refacho máximo, con 16 nós, ou 30 km/h. A chuvia seguia caendo e xa acumulaba 25 litros ás 06:00 horas, que foi a hora na que escampou. Unhas horas máis tarde a temperatura chegaba ó seu máximo con 28º C. Namentras semellaba que a chuvia rematara, pero máis aló das 17:00 voltaba chover con forza en Tura. Ata as 20:00 horas acumuláronse 31 litros máis, chegando ata os 56 litros no final do día.
Como xa diciamos, boa parte da comunidade meteoludópata liderou a etapa en Tura. Conforme se acumulaba a chuvia, os marcadores subían e baixaban a velocidade de vertixe. Incluso Verducido ameazaba ó liderato de Landrán. Pero foron ilusións, pois a chuvia non paraba e a xente iba collendo puntos en pluviosidade e perdíaos en pouco tempo. O final, a chuvia beneficiou ós destemidos e somentes 8 participantes acadaron puntos no parámetro da chuvia.
A épica vitoria foi para Mina, que acadou 16 dos 20 puntos posibles e unha perda de un punto na temperatura e outro no vento para un total de 54 puntos. Ascende ata a 5ª praza superando no desempate a Modesto grazas á vitoria lograda en Tura. Amais, convértese na primeira xogadora en chegar ata as 20 vitorias en soidade. Noraboa pola xesta!!
53 puntos para Popolo, outro dos intrépidos na derradeira xornada. Con mellor aposta en auga, a sua predicción de temperatura estivo por baixo da de Mina, pero ainda así leva a presea de bronce e praza de cacheira de serie para a Ojete’s Cup. Boas novas para un xogador con pouca ledicia nos derradeiros tempos.
Lume e Punteiro sumaron 52 puntos, con apostas en chuvia altas. Lume estivo a punto de facer a machada. Se cairan 4 litros máis lograría a vitoria na etapa e o segundo posto na xeral. Pero iso non pasou e queda a un só punto do 3º posto, pero pasando á Ojete’s Cup coma cacheira do torneo. E a derradeira cacheira, o oitavo posto, queda para Punteiro, que viña do posto 17, o burbulla, e superou a proba con nota.
Eiquí rematan @s apostantes que superaron os 50 puntos. Con 46 puntos chegou o líder Landrán, que volveu arriscar na chuvia e volveu ter éxito na empresa. 44 puntos para Kaltxon, que sube ata o 7º posto e para Víbora, que nadou pra morrer na beira da costa do Top-16. Mesmo caso para Balboa con 43 puntos. Os dous foron superados por vitorias por Sarabia, penalizada por tardosa e cunha aposta penosa que a levou a marcar 16 lamentables puntos, pero con acceso á Ojete’s Cup.
Éstes son as 8 mellores puntuacións da xornada en Tura. Se queres máis información sobre o acontecido nesta derradeira etapa do IX Torneo de Vran, pica no enlace que atopará baixo este texto.
Na OjeteQuake vivimos un troco de zona para o maior sismo do domingo. Desta volta o epicentro foi para o medio oriente, ao suroeste de Pakistan e cunha magnitude de 5,5. Esa zona é patrimonio de Modesto dende o principio da liga. Nesta ocasión situóuse na fronteira de Irak con Irán e cunha magnitude apostada de 5,3 Mg. acadou 470 puntos e a sua primeira vitoria na competición dos terremotos.
Segunda praza para Balboa dende o noroeste de Mongolia e 448 puntos. Oscar suma 444 puntos dende o norte de China. Iru acada 441 puntos dende o oeste de Indonesia. Breogán77 fai 438 dende o este de Taiwán.
Xowi aumenta a vantaxe sobre Kaltxon na clasificación xeral, mentras no Top-10 seguen máis ou menos os que estaban, ainda que con diferenzas mínimas entre competidores. Pouco máis de 150 puntos de distancia entre o líder e o posto 6 aseguran emoción nestas derradeiras 4 xornadas que restan para o final da edición do 2022.
Se queres acadar os datos recollidos na 17ª etapa da OjeteQuake 2022, preme no botón que deixamos baixo estas letras.
Os que conseguíchedes praza para a Ojete’s Cup 2022 recordade que a primeira rolda esta adiada para este fin de semana. Ó longo do día de hoxe presentaremos as etapas e o cadro de competición da Ojete’s Cup, a desputar na costa occidental da India, ó longo da cordilleira dos Western Ghats. Durante esta semana iremos pechando o Torneo de Vran, coas estadísticas da competición. Seguide en liña!!!