Clima polarizado

Seguimos coa xeira de etapas sobre seco e mantendo un frio polar con xeadas matinais de considerable magnitude. O tempo en O Cebreiro neste fin de semana non comtempla troco algún neste senso. Agárdase tempo frio, seco e con vento frouxo, o que traerá novas xeadas e tempo solleiro no mediodía. Pero a loita está nun momento no que cada punto é unha vitoria e perdelo pode ser motivo de arrepentimento posterior.

As apostas sobre temperaturas máxima oscilan entre 6 e 16º C. As prediccións en temperatura mínima van dende os 2 ata os -5º C., cunha punta máxima de 6º C. Volven estar baleiras as apostas en pluviosidade e as apostas en refacho de vento establécense entre os 9 e os 42 km/h., cunha punta máxima de 70 km/h.

Desta maneira temos ante nós unha nova etapa glacial e sen precipitación, na que é imposible avanzar o resultado e que semella compricado gañar en soidade. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires da 01:30 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *