Cocido no Amazonas

5ª xornada da XI Liga de Primaveira que voltou desputarse na selva amazónica, nesta ocasión en El Porvenir, San Martín. Coñecemos de sobra as temperaturas deste tipo de clima, pero desta vez superou tñodalas expectativas dos contendentes de eltiempoentuojete. Sen precipitación e un vento frouxo, foi unha etapa abafante.

A temperatura mínima non baixou na madrugada ata os 22º C., un valor que marcaron moitos d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 35º C., non agardada por 4 ninguén. A ausencia de chuvia foi na contra do apostado pola maioría e o vento marcou un refacho máximo de 3 m/s, 11 km/h. frouxos, unha marca que axudou a definir o mellor do día.

E ese non foi outro que Breogán77, que con 57 puntos alzóuse co trunfo en El Porvenir, que pode ser unha indirecta sobre o seu futuro papel na competición. Perrdeu 2 puntos na máxima, outro na chuvia e mallou o parámetro da mínima máis o do vento. Ingresa no Top-10 pasando do posto 11ata o 9º. Xa veremos se ten “porvir”.

Trío con 56 puntos para Kaltxon, que colle o 11º posto deixado por Breogán77 e apunta ó Top-10. No cumio da xeral en soidade atopamos a Verducido, cun só punto de diferenza con Beocha, que segue moi activa dende a Inverneira. 1º e 2º posto respectivamente.

Con 55 puntos Denodeno, outro que actívase na primaveira cos lugares exóticos e que entra no Top-10 na posición 7ª. Un pouco máis arriba, na 3ª posición outro que segue un ritmo endiañado dende a Inverneira, Julio, que se atopa a somentes 3 puntos da cacheira da xeral.

E sumando 54 puntos o semideus Botikas, que xa ocupa a 5ª praza da xeral moi preto dos precursores. Mesma puntuación para Mingos, que estivo de líder de etapa durante gran parte do día e que acada o Top-10 no seu derradeiro posto e que leva bos resultados nas últimas 2 etapas.

Completan os 10 mellores resultados, con 53 puntos, Bar Pequeno, que se luce no achanzado amazónico, ainda que con mala posición na xeral e Landrán, que ocupa unha 4ª posición xeral empatado co 3º. Segue sendo ameaza.

Estes foron os 10 mellores resultados escollidos en El Porvenir. Para acadar tódolos datos recollidos na 5ª etapa pica no enlace baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *