Confinad@s en Cuntis

Xornada final da VI Liga da Inverneira marcada pola irrupción do coronavirus, alias COVID-19. En eltiempoentuojete tamén temos cuarentena, fixada meses atrás, pero voltaremos no mes de Abril coa competición fora das nosas fronteiras, a VII Liga de Primaveira. Namentras, recorda lavar as mans, gardar distancias e evitar sair da casa na medida do posible.

Pero ainda temos traballo na derradeira da Inverneira. Por riba da coronación do líder absoluto nas 2 tempadas pasadas, temos moitas loitas por dilucidar, tanto na configuración do podio coma na do Top-10 final. E a vitoria de etapa para o resto que non xoga nada, ainda que tamén pode ser importante para desempates entre xogador@s.

As apostas de temperatura máxima, moi abertas, van dende os 6 ata os 14º C. Nas mínimas, apostas entre 2 e 7º C. Na pluviosidade temos apostas dende 0 ata 22 litros, ainda que a maioría delas andan entre 5 e 10 litros. O refacho de vento, tamén con moita amplitude, vai dende os 21 ata o 85 km/h.

Desta maneira quizáis academos un gañador en soidade nunha xornada con moitas variables e, recordemos, nun lugar onde a meteoroloxía adoita ofertar moitas sorpresas ó longo da xornada. Podes seguila ao vivo dende este enlace.

As apostas:

Saudos e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *