A derradeira xornada da VI Liga da Inverneira de eltiempoentuojete estivo á altura dunha etapa final e a estación respondeu coma non fixera o ano pasado. eltiempoentuojete corona por terceiro ano consecutivo a Botikas, o lóstrego atetillado de Arzúa. Cando gañas duas veces consecutivas entras na suite do Olimpo da meteoroloxía amateur, pero con esta terceira vitoria hai que darlle as chaves e o código da alarma. eltiempoentuojete, coma no “1,2,3, responda otra vez“, tamén regalamos apartamentos en zonas exclusivas. Noraboa o merecido campión!!!
Polo que corresponde á xornada, os tres primeiros clasificados foron os mellores en Xesteiras, signo do competida que estivo a etapa. Non se moveu nada no Top-10 agás a perda do mesmo de Alucarda, por unha penalización por retraso. Tamén penado Juanito Caminante, mantivo o posto cunha moi decente puntuación. Destacar o 3º posto do novato do ano, Julio, diamante en bruto que agardamos continúe a traxectoria amosada nesta competición.
Antes de presentar os datos de Xesteiras, eltiempoentuojete quere agradecer a tódol@s que xogades con nós esta tempada, ós que manexan as távoas e a páxina para facer posible unha competición ÚNICA a nivel mundial. A calqueira que fixera, dunha maneira ou doutra, con pequenos ou grandes apoios, calqueira cousa que axudara o mantemento e apoio a eltiempoentuojete, mil grazas por estar eiquí, con nós.
Ademáis, estades tod@s convidad@s á proxima competición, a celebrar en primaveira en New South Wales e da cal daremos conta a partir desta fin de semana. As autoridades permiten viaxes on-line e non agardamos problemas en Australia.
Se queres investigar nos datos acadados na xornada final da VI Liga da Inverneira, en Xesteiras, Cuntis, pica no botón abaixo estas liñas.