Pichari é a 4ª etapa da Liga de Primaveira no Perú e significa o primeiro contacto selvático despois de tres xornadas no altiplano andino. As temperaturas serán máis altas e as probabilidades de chuvia maiores, mentras a intensidade do vento descenderá. Poderemos ver cómo estos trocos inflúen na clasificación xeral e se temos altas ou baixas entre os mellores clasificad@s.
As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 19 ata os 31º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 15 e os 24º C., moi amplas tamén e con dúas apostas por baixo dso 10º C., unha de 7 e outra de 3º C. As precipitacións móvense nun rango tamén de amplitude de entre 0 e 15 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 5 ata os 29 km/h.
O resultado, a partires da amplitude observada en tódolos parámetros de aposta, semella compricado de predicir e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, xa no noso luns ó amencer, para obter un resultado definitivo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da mañanciña do domingo, debido ás diferencias horarias co país andino, ata o final do día alá, xa na mañán do luns. Para atopar os datos actualizados, busca no mapa (despois de descartar as estacións convencionais e deixar só as automáticas) Pichari, ó leste da cidade de Huancayo e o norleste de Ayacucho, na área sur do país.
As apostas:

