Pichari selvático

Primeiro contacto coa selva amazónica peruana en Pichari, xa con altas temperaturas e vento máis que frouxo. A chuvia non foi o agardado pola maioría, nin o vento. Somentes as temperaturas andiveron no acordado polas apostas, ainda que 18 puntos sobre os 20 posibles foi o máximo acadado por unha minoría de apostantes.

A temperatura mínima “baixou” na madrugada ata os 21º C., un valor que non marcaron moitos d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 27º C., agardada somentes por 4 meteoludópatas. Os 2 litros de chuvia estiveron por baixo do apostado pola maioría e o vento marcou un refacho máximo de 61,7 m/s, 6 km/h. miserentos, unha marca que axudou a definir os mellores do día.

Con estes datos atopamos un vencedor en soidade con 56 puntos, con pouca competencia e escalando postos na xeral. Mingos rexistrou 18 puntos nas temperaturas, perdeu 1 punto na chuvia e outro no vento para alzarse cun trunfo amazónico en contraposición ós malos resultados nas alturas andinas. Dende o 19º posto ata o 10º, Top-10 seguro que non agardado pero non por iso menos celebrado. Senterase coma un inca…

55 puntos para Denodeno que destaca nestas latitudes e sobre todo con estes ventos acougados. Moi parello nas súas puntuacións, sendo o único en facer pleno no vento Dende o 17 ata o 8º posto na xeral, volve aparecer nos destinos exóticos.

Víbora fallou no vento pero foi o mellor nos outros parámetros, polo que os seus 53 puntos eran mellorables. Sube ó posto 9 dende o 13º, polo que o ingreso no Top-10 é bó resultado.

Botikas e Landrán chegaron ata os 52 puntos con similares puntuación nos tres parámetros. Xa estaban ben situados e así contunúan, no Top-10, con Landrán compartindo liderato ainda que con desvantaxe na vitoria e Botikas coa 3ª mellor puntuación.

Sarabia e Rasta asinaron 51 puntos. Sarabia tamén comparte liderato mentras está nun antepenúltimo posto que non lle fai xustiza, ou sí.

4 xogadores con 50 puntos. Julio, que ocupa o 6º posto, Breogán77 no 11º, Beocha no 4º e Verducido coma líder compartido ainda que con mellor coeficiente de vitoria. Todos eles ben situados.

Estes foron os 11 mellores resultados escollidos en Casaccancha. Para acadar tódolos datos recollidos na 4ª etapa pica no enlace baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *