A estación de Calvos e unha das máis frias no inverno galego. Ao sur de Xinzo de Limia e ó carón dos irmáns lusos, deixou esta mesma mañanciña unha marca de -7,5º C. Semella que no domingo no baixará tanto a temperatura, pero haberá que agardar. A chuvia non debería de facer aparición, pero a nubosidade tentará evitar a xeada. O vento será fundamental na hora de saber se as temperaturas se desploman ou non.
As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 7 e os 11º C., cunha punta máxima en 15º C. As temperaturas mínimas van dende 4 ata -4º C., cunha punta en 6º C. Non existen valores positivos para a auga, que semella ausente en Calvos. As prediccións para os refachos de vento fluctúan entre 9 e 45 km/h.
Podemos ver que varios parámetros teñen pouca amplitude nas apostas, polo que agardamos unha xornada moi emocionante no que atingue á vitoria máis a estabilidade da Clasificación xeral. Podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace a partires da 01:30 horas desta mesma madrugada.