Conxelador avariado

Tampouco é que esté avariado. Simplemente nos ten acostumados ás temperaturas máis baixas das etapas en xogo nesta Liga da Inverneira. Que Calvos en xaneiro non teña valores baixo 0 para ás mínimas é case unha milagre. Somentes unha das apostas non tiña símbolo negativo diante, e foi de 4º. As máximas tamén foron altas e os refachos miúdos. A chuvia foi simbólica e a xeral alteróuse pouco, como en calquera xornada de secano. Pero sempre hai algunha cousa que destacar.

A temperatura mínima acadóuse no cabo final da madrugada con 0º C. que xa non subiría de . A presenza da chuvia era pouco probable pero manifestóuse nun resultado de 0.1, ou sexa, 0 litros. O vento marcou un refacho máximo de 22 km/h., típico nesta zona do país.

E así atopamos a 3 victorios@s participantes con 58 puntos. Xowi, que semella espertar do letargo, subindo un posto ata o 9º e situándose moi pretiño do 8º que ocupa Rasta, en caida libre nas derradeiras xornadas. Sarabia acada a súa segunda vitoria da presente edición e tamén suma un posto, colocándose no 17º lugar. E que dicir de Enrico Ferni, probable rookie do ano, sumando a súa 3ª vitoria, do que só poden presumir os habitantes do Top-10 e firmando o 25º posto da xeral, nada comparado co seu desempeño.

57 puntos para 2 antagónicos xogadores. Kaltxon reafirma ainda máis o seu liderato e camiña firme cara o seu primer título na senlleira competición de eltiempoentuojete. M.B. Joaquín, irregular coma sempre, quedou a un pasiño de inaugurar o marcador de vitorias, pero este ano a sorte non está da súa parte.

E sumando 56 puntos nos seus marcadores temos a varios Top-10. Beocha, Botikas, Landrán, Verducido e Marius son 5 xogadores en posicións consecutivas, dende o 3º posto ata o 7º que non se modifican por mor da igualdade de marcadores. Acompañados estiveron de Kalandrakas, no posto 20, Breogán77, punta de lanza do grupo que opta ó Top-10 e Modesto, xusto tras este no posto 12 da xeral.

Estes foron os 13 competidores mellor puntuad@s nesta etapa de gran altitude , na chaira de Calvos. Para acadar tódolos datos recollidos na 18ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *