Deja vu

Estou confundido ou semella o inicio da Liga de Primaveira no Adriático? Erro dos mellores na pluviosidade e o mesmo gañador. Seica non foi o comezo agardado por moit@s dos meteoludópatas, certo é que a maioría supoñía unha maior cantidade de auga nesta etapa inaugural do Torneo de Vran. Pero o monzón é antolladizo e non respeta opinións de deuses meteoludópatas amateurs. Non é doado ver a Bar Pequeno e Denodeno comandando a clasificación xeral, como tampouco ver a Botikas coa 3ª pior puntuación da xornada. Tomade nota, probablemente non volvades a ver tal situación (a de Botikas, Bar Pequeno e Denodeno repiten coma no Adriático).

As temperatura máxima quedou en 31º C., mentras que a mínima, por chamala dalgunha forma situóuse nos 28º C. A chuvia sumou 5 litros, xa que o litro de primeira hora pertencía o día anterior. O vento chegou ata os 15 nós, 28 km/h. para a nosa táboa.

Somentes o gañador, Bar Pequeno, con 54 puntos superou a barreira dos 50 puntos. Perdeu 2 puntos nas temperaturas, somentes 1 na pluviosidade e 3 no refacho de vento para converterse no líder provisional da clasificación xeral. Pero coidado, calqueira día deixará de chegar tarde e dará un disgusto ós competidores máis avezados. De momento, comanda a xeral e engade unha vitoria en soidade no seu casilleiro.

Mingos e Denodeno obtivero 49 puntos a partires de situacións diferentes. Mingos perde 8 puntos na chuvia, 2 nas temperaturas e somentes 1 no vento. Denodeno apostou por 1 só litro, perdendo 4 puntos. Pero deixou 4 na temperatura mínima e 3 no vento. Ocupan o 2º posto da xeral e semellan preparados para manter o tipo.

Beocha fixo 47 puntos, perdendo 3 nas temperaturas, 9 na chuvia e só 1 no refacho de vento. 3ª mellor puntuación e 4º posto na xeral, no que se sente coma na casa ainda que non perderá oportunidade de mellorar e incluso alzarse coa vitoria.

45 puntos para Marius e Compoñente Sur, dous dos eternos aspirantes a subir o seu nivel predictivo. Con pluviosidade e refacho diferentes chegan ó mesmo término e co premio do Top-10 aspirando a todo.

E semellantes foron as apostas de Mina e Punteiro, que acadan os 44 puntos en Gangasagar. entrando tamén no Top-10 e presentando candidatura para unha boa competición. Dous grandes da predicción que non pasan polos seus mellores momentos e quizais sexa a oportunidade de petar na mesa.

Estos foron as 8 mellores puntuacións en Gangasagar, etapa inaugural do Torneo de Vran en West Bengal, na India. Para acadar máis información sobre o acontecido, pica no enlace que atoparás baixo estas letras.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *