Dualidade platónica

Volvemos pedir disculpas polo tardío troco de estación para esta 11ª xornada da Liga da Inverneira. A estación meteorolóxica de O Xipro, en A Fonsagrada, escachou no derradeiro momento e a piques estivemos de neutralizar a etapa, ou ben xogar e agardar a ver se traballaba coma debía. Pero no último momento optamos por facer un troco e non deixar ó chou o desenrolo da xornada. E pode ser que atinásemos, porque hoxe ainda non rendía ó 100%. Segue sen amosar datos dende as 24:00 ata as 09:00 horas en nengún parámetro. Se faiase en só un deles, poderíamos levar a bo fin a xornada, pero agardando chuvia e vento mellor non arriscar e ver se traballa o fin de semana vindeiro.

Polo tanto este domingo imos para Monforte de Lemos e a súa estación de Marroxo. E como dicía Platón temos que falar dunha dualidade no que atingue ás apostas da xornada.

Nin tanto “arre” que fuxa nin tanto “xo” que pare

Polo que respecta ás temperaturas todo semella normal. As máximas establécense entre os 7 e os 12º C. Para as mínimas atopamos valores de entre os 6 e os -1º C. Pero a cousa muda cando falamos da chuvia acumulada. Dous grandes grupos de aposta difiren entre os que apostan dende os 6 litros ata a seca absoluta e os que pensan que choverá máis aló dos 13 litros. Polo medio, nada que sinalar. Haberá que ver cal dos dous grupos leva a razón, porque diso dependerán os movimentos na clasificación xeral. A gran maioría do Top-10 opta pola gama baixa, pero poden perder esa condición se a chuvia chega na derradeira hora de forma masiva. E dentro dese Top-10 tamén atopamos voces discordantes que poden beneficiarse moito se o resultado lles é favorable. No eido dos refachos de vento tamén moitos contrastes, con apostas que van dende os 17 ata os 71 do líder. Moito ollo tamén con este parámetro que pode marcar moitas diferenzas.

Se eu fose tí non perdería detalle do que aconteza mañá. No meu caso vóuno seguir ao vivo dende este enlace ou dende o que presentamos no Acceso rápido no menú principal. Como dicía un vello “isto pode ser un equinossio”. Pode ser un importante punto de inflexión no devir da competición. Recorda que os primeiros datos se ofertarán cara as 02:00 horas desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo de xeito ininterrumpido (ou case) ata o final da etapa.

Pica para agrandar
Pica para agrandar

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *