Reagrupamento

A chuvia non fixo acto de presenza nasta 7ª etapa da Liga da Inverneira desputada este domingo en Cequeliños, no concello de Arbo, pero tanto as temperaturas coma o vento fixeron das súas. Un ambiente morniño deixou temperaturas altas para o mes de novembro, descolocando a máis de un e o vento subiu considerablemente na derradeira parte do día para trocar a clasificación tanto da etapa coma da xeral.

As temperaturas tiveron bastante amplitude, cunha máxima de 21º C. e unha mínima de 13º C. A presenza da chuvia era de probabilidade alta ainda que con pouca cantidade, pero o final do día o pluviómetro amosou un total de 0 litros. O vento marcou un refacho máximo de 31 km/h., acadado no remate da xornada.

Os dous vencedores, con 56 puntos, son repetidores nesta edición. Enrico Ferni volve vencer e xa son 3 os trunfos. De non ser pola penalización sufrida estaría coma destacado líder da xeral. Queda na 2ª posición a 2 puntos do ainda líder Botikas. Xowi suma a segunda vitoria na Liga e estiba na 4ª praza, a 1 chanzo do podio e con moi bos resultados nas derradeiras xornadas.

Numeroso o grupo coa segunda mellor marca da xornada, 55 puntos. Rasdgar sitúase ó pé do Top-10 despóis desta xornada e moi preto dos seus predecesores. Víbora e Angelramunsiiño comparten puntuación en Cequeliños e tamén na xeral, na que ocupan o posto 15º. Julio tamén puntuou alto, ainda que perde a segunda praza ante o gañador Enrico Ferni. Mantén a praza de podio na 3ª posición. Lume entra no Top-10 no 8º lugar despóis dunhas boas xornadas.

E dous competidores con 54 puntos. Marius, con esta marca, vai trepando paseniño e nesta semana ocupa o posto 15 na xeral. Kalandrakas é , neste momento, a gran sorpresa da xeral. Con esta puntuación navega nun 5º posto despóis de 7 xornadas, cun salto de calidade moi apreciable. Veremos se continúa nesta racha.

Estas son as 9 posicións principais na clasificación desta semana en Cequeliños. Para acadar tódolos datos recollidos na 7ª e secaetapa da XIII Liga da Inverneira, pica na ligazón baixo este texto.

Reagrupamento Ler máis »

A volta da chuvia

Seica volve a chuvia na 7ª etapa da Liga da Inverneira, localizada en Cequeliños, terra de lamprea. Teremos que ver se a lamprea ten a suficiente auga coma para sobrevivir e do mesmo xeito os competidores, cunha grande variedade de apostas neste parámetros se desenvolven o domingo para poder mellorar na clasificación. As temperaturas e o vento serán tamén importantes para esclarecer un gañador e os conseguintes trocos na xeral.

As apostas en temperatura máxima están bastante abertas, indo dende os 17 ata os 23º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 7 e os 14º C., unha oscilación tamén aberta. A precipitación é un parámetro sen incógnita, con valores nos casilleiros con valor entre 0 e 5 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 18 ata os 51 km/h., sendo o parámetro máis aberto.

Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas de carácter medio en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do lunes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas e media de retraso no aporte de datos con respecto ó horario de Galicia.

As apostas:

A volta da chuvia Ler máis »

Rexuntando aspirantes

Esta etapa da Serra da Faladoira volveu ser seca, o que fixo que as puntuacións xerais foran altas e case na súa totalidade por riba dos 50 puntos. Semella que os aspirantes con máis peso van chegando o Top-10, polo que se non estás neste clube mellor vai espabilando porque o tren non agarda por ninguén. Nesta 6ª xornada de competición as temperaturas foron frescas e con pouca amplitude térmica con ventos tirando a fortes, cunha escaseza de chuvia que deu coma resultado marcadores moi parexos nas partes altas da xeral.

Enrico Ferni volve repetir vitoria e amósase coma aspirante capaz de batir unha marca ainda inédita. A de gañar unha liga con penalización enriba. Os 57 puntos acadados foron suficientes para gañar en soidade e colocarse na segunda praza compartida ainda que con mellor coeficiente de vitorias. Fulano a ter moi en conta.

E 56 puntos para tres compoñentes do Top-10. Popolo segue na súa marcha constante e esta semana ocupa a 7ª praza compartida pero moi preto dos mellores da xeral. Julio, na 3ª posición comparte puntos co segundo da xeral e gañador semanal. Kaltxon volve amosar quén é, recuperando terreo a marchas forzadas e entrando nos 10 mellores arrombando con todo.

Ata 8 competidores comparten puntuación con 55 puntos. Magor, Modesto e Lume, que comparten a derradeira praza do Top-10. Breogán77, que volve o Top-20. Botikas, que segue coma líder destacado. Xowi, que ascende á 6ª posición. Marius vai saindo do pozo e esta semana remata na praza 16.

Estas son as 12 posicións principais na clasificación desta semana na Serra da Faladoira. Para acadar tódolos datos recollidos na 6ª e de novo seca etapa da XIII Liga da Inverneira, pica na ligazón baixo este texto.

Rexuntando aspirantes Ler máis »

Outubro seco. E novembro?

Deixamos atrás un mes de outubro con baixa precipitación, escaseza de borrascas atlánticas e unhas temperaturas mornas para o seu tempo acompañadas de máis días solleiros dos agardados. Entramos con preocupación no mes de novembro e semella que estes primeiros días van seguir a tendencia de outubro. Para o domingo na Serra da Faladoira non se agardan trocos cos dos derradeiros días.

As apostas en temperatura máxima están bastante pechabertasadas, indo dende os 13 ata os 18º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 7 e os 12º C., unha oscilación tamén aberta. A precipitación é un parámetro sen incógnita, con todos os casilleiros con valor 0 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 22 ata os 67 km/h., sendo o parámetro máis aberto.

Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas de carácter medio en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do lunes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas e media de retraso no aporte de datos con respecto ó horario de Galicia. O cambio de hora modificou este tema.

As apostas:

Outubro seco. E novembro? Ler máis »