Un nome pouco atinado

A 13ª etapa da Liga da Inverneira lévanos ata o concello lucense de Navia de Suarna. A estación de Meteogalicia noméase como Ventosa, pero despóis de varios anos de xogo puidemos constatar que o nome debe referirse ó método de suxeición á terra. O vento eiquí foi, na maioría das ocasións, de baixa consideración. E semella que nesta ocasión vai seguir as mesma norma. Tendo en conta que a priori a chuvia tampouco vai ser factor importante, a temperatura vai ser o parámetro que determine o vencedor ou vencedor@s da xornada. Tampouco semella que a clasificación xeral mude con carácter decisivo, ainda que xa sabemos que un puntiño hoxe pode determinar o futuro.

As apostas en temperatura máxima están abertas, indo dende os 9 ata os 18º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -1 e os 6º C., estas de novo con oscilacións medias. A precipitación non é un parámetro discutido, con valores a 0 en tódolos casos, unanimemente. Mentras. os refachos de vento van dende os 11 ata os 49 km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto.

Parece compricado predicir vencedores con estas diferenzas nos parámetros que non son a chuvia e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Un nome pouco atinado Ler máis »

Desinformados

Esa é a palabra que ilustrou a xornada de onte en Monforte de Lemos. A web de Meteogalicia deixou de actualizar datos cara as 17:00 horas e xa non puidemos saber o que acontecía na estación meteorolóxica de Marroxo ata ben entrada a noite. Ainda que o certo foi que non pasou nada. Os resultados non trocaron, ou iso é o que dí o noso distribuidor de datos. Poucos movementos ainda que algún destacable, é, entre eles, unha nova vitoria espectacular do que está a ser o novato do ano.

A temperatura mínima acadóuse na madrugada con 10º C. Na derradeira hora da sobremesa acadóuse a máxima diaria con 14º C. A presenza da chuvia era dubidosa, e apenas caeu 0.1 litros que deixa un redondeo de 0 litros, ainda que poucos puntos se perderon nese parámetro. O vento marcou un refacho máximo de media consideración, con 50 km/h.

E nestas circunstancias volveo aparecer o que vai camiño de ser a nova promesa da predicción meteorolóxica amateur. Enrico Ferni repite vitoria en soidade con 59 puntos. Ademáis estivo preto do pleno,quedando a apenas 4 décimas de grado de acadalo. Segundo trunfo nesta edición e, ainda con faltas de asistencia e penalizacións por retraso, comeza a gabear polo fondo da clasificación xeral. Está na praza 27, ainda que segue a amosar cualidades de futuro.

Ata os 58 puntos chegaron 2 ocupantes do Top-5. Botikas queda a tiro de pedra da 4ª praza de Julio, con somentes 2 puntos de retraso. Beocha deixou a Julio atrás e xa está pisando podio en soidade, achegándose paseniño ós dous máis destacados cacheiras da xeral.

Víbora sumou 57 puntos que lle achegan ó grupo que antecede o Top-10, ainda que precisa estabilizar o seu xogo para deixar de dar bandazos. Ocupa o lugar 19º.

Lume e Marius acadaron 56 puntos en Marroxo. Lume váise achegando ó Top-10, agora no posto 16º. Marius segue a manter o seu privilexiado Top-10 dende o 8º e moi preto dos xogadores que lle preceden. Lento pero seguro.

Un gran grupo de xogadores acadaron os 55 puntos. 5 deles son asíduos ocupantes do Top-10. Landrán dende o 2º posto, Julio dende o 4º, Verducido dende o 6º, Modesto dende o 7º e Xowi dende o derradeiro, o 10º. Os principais aspirantes a ese grupo dos 10 mellores tamén están coa mesma puntuación. Rasdgar, Popolo e Mina entre o 11º e o 13º posto respectivamente e Breogán77 no 15º.

Estes foron os 15 competidores mellor puntuados nesta etapa de Marroxo. Para acadar tódolos datos recollidos na doceava etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Desinformados Ler máis »

O tempo da friaxe

Ainda que toda a semana choveu arreo, semella que non vai ser ese o parámetro que decida o gañador en Marroxo, no concello lucense de Monforte de Lemos. Foi pouco ata o de agora o que recibimos o nordés, pero seica nestas zonas de interior e o avanzado coma está o calendario, vai ser o típico nas xornadas vindeiras e probablemente ata febreiro. Monforte, na liña divisoria entre as provincias do oriente do país, ainda ten algo do outono e menos de inverno.

As apostas en temperatura máxima van estar pechadas e van dende os 12 ata os 17º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 9 e os 14º C., estas de novo con oscilacións medias. As precipitacións é o parámetro máis discutido, con valores que van dende os 0, ata os 5 litros, con maioría para a seca. Mentras. os refachos de vento van dende os 21 ata os 66 km/h., sendo un parámetro moi aberto.

Non semella doado predicir vencedores con estas grandes diferenzas nos parámetros que son a chuvia e o vento e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Saúde e sorte!!

O tempo da friaxe Ler máis »