A vertente chuviosa

Antigamente existían na Fonsagrada dúas estacións meteorolóxicas. A que xogamos este domingo, O Xipro, e a do Alto do Cerredo, hoxe desaparecida. Nas primeiras edicións da Liga da Inverneira, xogamos nesta última. Logo nos demos conta de no Cerredo non chovía tanto como no Xipro pero sí facía máis frio. O motivo do troco foi a escolla da chuvia coma parámetro decisivo. Co tempo, a estación do Alto do Cerredo foi descatalogada por Meteogalicia. Isto déixanos sen saber se a localización estaba na vertente seca e O Xipro na vertente húmida. Pero o caso é que no Xipro choveu significativamente para o anunciado e iso foi definitivo (ou case) para atopar, neste caso, gañadora.

A temperatura mínima acadóuse na madrugada con 2º C., a moi pouquiño de baixar ata 1º. Na derradeira hora da tarde acadóuse a máxima diaria con 9º C. Non contaba con nengún adept@. A presenza da chuvia era dubidosa, pero na madrugada cairon 5 litros, e os máis ousados foron os trunfadores. O vento marcou un refacho máximo de baixaconsideración, con 25 km/h.

Entre os mellores da xornada están a maioría dos ocupantes do Top-10 e, dentro destes, a raíña foi Beocha con 56 puntazos na súa 1ª vitoria na tempada. Marcou as mellores marcas en temperatura e no refacho, deixando 3 puntos na chuvia e 1 na temperatura máxima. Valéulle para empatar na 3ª praza con Julio ainda que con menor número de vitorias e alonxar un pouco máis a Botikas, o máis achegado dos seus persecutores, tamén afastados. Aperta o Top-4 e semella preparada para a friaxe.

Durante gran parte do día compartíu a vitoria con Verducido e Kaltxon, que foron desprazados pola suba da temperatura máxima. Estes quedaron con 5 puntos. Pouco perde Kaltxon do liderato e e toma ainda máis distancia co segundo, Landrán, o que xa lle leva 8 puntos de vantaxe. Verducido chega á 6ª praza despóis dunha mala xornada para Modesto e resta 1 punto a Botikas, o seu predecesor.

Botikas e Julio non defraudaron con 53 puntos e manteñen posicións, ainda que cunha xornada menos para o final. Seguen nas posicións 5ª e 3ª respectivamente e non teñen moito que lamentar. Podemos ver a 5 dos 6 mellores da Liga entre os primeiros en O Xipro. Por algo están alí.

Ata 4 participantes sumaron 52 puntos na Fonsagrada. Popolo busca o Top-10 pero terá que sachar para acadalo, ainda que sube 3 posicións, ata a 12ª. Nese top mantéñense Rasta e Marius, 8º e 9º e non semella doado arrincalos do sitio. Xa ameazan o 7º posto de Modesto. Tamén M.B. Joaquín acada a mesma puntuación, ainda que alonxado dos postos de honra, segue na loita por entrar no Top-20.

E mención especial a Enrico Ferni, quen compartiría a vitoria se non fora polo retraso con penalización. Semella que o día que deixe de esquecer a aposta do venres, poderemos velo entre os mellores. Entretanto…

Estes foron os 9 competidores protagonistas desta etapa de altura en O Xipro. Para acadar tódolos datos recollidos na onceava etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

A vertente chuviosa Ler máis »

Senda montañosa

Primeira das etapas en altitude, dando comezo ó inverno meteorolóxico (ainda que sería no 1 de decembro) no mítico concello de A Fonsagrada, na súa non menos mítica estación meteorolóxica de O Xipro. De novo dúbidas en canto a precipitación, cos ocupantes do Top-10 apostando por pequenas cantidades. Tamén en desputa as temperaturas e o vento, que segue vindo do norte e podería deixar as primeiras nevaradas na provincia de Lugo.

As apostas en temperatura máxima van estar moi pechadas e van dende os 5 ata os 13º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -3 e os 6º C., estas de novo con oscilacións altas. As precipitacións é o parámetro máis discutido, con valores que van dende os 0, ata os 5 litros, cunha aposta valente de 10 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 10 ata os 49 km/h., sendo un parámetro moi aberto.

Non semella doado predicir vencedores con estas grandes diferenzas nos parámetros que son a chuvia e o vento e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Senda montañosa Ler máis »

Fin de ciclo outonal

A etapa número 10 desputada en A Gándara, no concello de Vimianzo marca o fin das etapas de costa e da inicio as etapas de montaña, case todas nas provincias de Lugo e Ourense. Troco de pau, de copas a espadas para ver se os ata o de agora dominantes da liga tamén están á altura nos cumios do país. Esta décima xornada deixou de todo, dende unha amplitude térmica de somentes un grado, pasando pola chuvia de carácter medio e rematando cun refacho por riba de calqueira predicción. O gañador decidíuse no derradeiro dato ofertado por Meteogalicia, polo que a emoción estivo presente en A Gándara.

Tanto a temperatura mínima coma a máxima acadáronse na madrugada con 11 e 12º C. respectivamente, cunha máxima cativa para estar a estación preto da costa. A presencia da chuvia era ineludible, e a razón levárona varios xogadores entre os que se encontran os dous primeiros da xeral. O final, 9 litros. O vento marcou un refacho máximo de moita consideración, por riba do máximo apostado con 79 km/h.

E manexando estes datos, o mellor foi Rasdgar con 54 puntos, que precisou do desconto para levar a vitoria en soidade. Deixou tres puntos na chuvia, pero os outros parámetros rozaron a perfección en cadanseu campo. Colócase a tiro de pedra do Top-10 e abrindo unha gran diferencia co tren que ven detrás. Recupera moito do perdido en Lira e semella volver ó rego.

53 puntos para os cacheiras de serie da xeral, Kaltxon e Landrán, cunha aposta moi semellante. Manteñen posicións e mesmo aumentan a vantaxe unha semana máis. Veremos se o cambio de altitude mantén a racha ou os lobos persecutores reducen distancias.

Temos que baixar ata os 51 puntos para atopar a Julio, que mantén o podio e colle distancia por tras e perde por diante, Xowi, que despois de 2 etapas nefastas volve coller folgos e mantén a 10ª praza, e Enrico Ferni, que parece que lle colleu o truco ó xogo, após dunha vitoria e unha 3ª mellor puntuación en A Gándara.

E ata 6 contendentes comparten os 49 puntos, varios entre o Top-10. Beocha segue na 4ª praza, agardando o faio dos ocupantes do podio, que non se produce. A seguir dela, Botikas, que semella non colle o ritmo da chuvia nesta edición. O mesmo podemos dicir de Verducido, na 7ª. Por tras, Rasta, nunha das súas mellores tempadas pero moi irregular nas derradeiras. Outros que non atopan regularidade son Víbora e Michi, na 19ª e 20ª posición respetivamente.

Estes foron os 12 competidores protagonistas desta etapa fascinante de A Gándara. Para acadar tódolos datos recollidos na décimaetapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Fin de ciclo outonal Ler máis »

Volta ó outono

Despóis dunha semana de frío invernal, semella que volta o outono nesta 10ª xornada en A Gándara, no concello de Vimianzo. O vento troca a sur-suroeste e volve entrar a chuvia dende o Atlántico. Nova ocasión para coroarse ou repetir ridículos anteriores, todo pende dun fío. As apostas amosan de novo dous bandos. O que aposta chuvia por baixo dos 10 litros e os que apostan por riba deles. O resto de parámetros está máis parello ainda que nos refachos de vento tamén atopamos moita diversidade, ou o que é o mesmo, diferenzas de puntos nos marcadores.

As apostas en temperatura máxima van estar moi pechadas e van dende os 11 ata os 15º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 7 e os 12º C., estas de novo con oscilacións medias e dúas apostas á baixa, de 4 e 3º. As precipitacións é o parámetro máis discutido, con valores que van dende os 2, ata os 24 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 8 ata os 75km/h., sendo un parámetro moi aberto.

Non semella doado predicir vencedores con estas grandes diferenzas nos parámetros que son a chuvia e o vento e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Volta ó outono Ler máis »