A costa suroeste

Chegamos á 3ª etapa da XII Liga da Inverneira e tocamos por primeira vez a provincia de Pontevedra, no sur da costa atlántica. Castro Vicaludo está no concello de Oia e tamén é un referente dos refachos, desta vez no sur do país. Pero semella que imos ter un tempo solleiro, carencia de precipitacións e, iso sí, unha baixada de temperaturas mínimas como para dicir que o outono xa está ben entrado. Polo que respecta ó vento, semella unha incógnita se facemos caso ás apostas.

As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 17 ata os 25º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 9 e os 14º C., estas tamén con pequenas oscilacións. As precipitacións móvense nun rango de amplitude de entre 0 e 3 litros, pero somentes 2 participantes apostan pola chuvia. Mentras. os refachos de vento van dende os 10 ata os 60 km/h.

Coma sempre será compricado de predicir vencedores con estas grandes diferenzas nos parámetros que non son a chuvia e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

A costa suroeste Ler máis »

Nocturnidade e aleivosía

Da mesma forma que en Corrubedo, ata as 10 da noite do domingo, semellaba que eramos uns virtuos@s da predicción meteorolóxica. Pero non foi así. O resultado no Penedo do Galo foi a suma do acontecido na escuridade e con aleivosía. Os datos de temperatura máxima e mínima semellaban inamovibles dende a madrugada. O mesmo sucedía coa chuvia e o refacho. Este último foi, xunto á temperatura máxima o que non se remexeu en todo o día. Amenceu e os datos non mudaban. Semellaba definitivo o resultado final. Pero ahí foi onde resucitou Gabrielle, esa borrasca descartada polas axencias e que deu un novo rumbo á etapa. Baixou a temperatura, ainda que somentes un grado. Pero a chuvia apareceu e batéunos nos dentes para despertares do noso soño con 10 litros que ninguén agardaba.

A temperatura mínima acadou na noitiña os 12º C. Na madrugada acadárase a máxima diaria con 14º C. Amplitude térmica baixísima. A presencia da chuvia activóuse nas derradeiras horas deixando 10 litrazos. O vento marcou un refacho máximo de consideración tamén na madrugada de 53 km/h.

Pero o resultado final ven sendo repetitivo. Con 48 puntos, Botikas levou a vitoria en soidade e semella que nesta edición non quere sorpresas coma na pasada. Perdeu 3 puntos nas temperaturas, 9 na chuvia e mallou o refacho para acadar o seu segundo trunfo nas 2 xornadas desputadas. Por suposto, lidera a xeral. O dito, non quere sorpresas.

Un punto por baixo, con 47puntos , Verducido e Kaltxon, coa mesma puntuación en temperatura, pero con un punto máis para Kaltxon na pluviosidade, que contrarrestou Verducido mallando o refacho. Ocupan posición xusto detrás de Botikas e tamén semellan moi metidos na competición.

46 puntos para M.B.Joaquín, Beocha e Marius. Con puntuacións moi estables en tódolos parámetros, agás M.B.Joaquín, con grave perda na máxima recuperada coa maior aposta de chuvia dos participantes. O mellor inicio da súa carreira, no Top-10 a 4 puntos do liderato. Beocha comparte a 3ª praza con Kaltxon, a 3 puntos do líder e Marius está no grupo coa 4ª mellor puntuación. Moi activos neste inicio de Liga.

Sumando 45 puntos atopamos a Modesto, Landrán e Julio. Os dous primeiros no Top-10 e Julio que tamén estaría na lea se non fose pola penalización do primeiro día. De seguro que non tardará en acceder ó grupo dos mellores, ainda que a cacheira da xeral semella cara este ano.

Na xeral, a diferencia entre o líder e o 9º posto é mínima, de 6 puntos, que poderían ser menos de non pinchar, entre comillas, Xowi, vencedor compartido en Corrubedo. Pero o Top-10 está cheo de grandes figuras e aspirantes, con Modesto e M.B.Joaquín coma estrelados invitados na busca de asombrar ás vacas sagradas da competición.

Estes foron os 9 mellores competidores nesta etapa de Penedo do Galo. Para acadar tódolos datos recollidos na segunda etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Nocturnidade e aleivosía Ler máis »

Nas terras do vento

Segundo asalto desta XII Liga da Inverneira, desta vez trocamos ata de provincia, para achegarnos ata a costa luvense, no concello de Viveiro, na estación de Penedo do Galo, un referente nos refachos de vento da comunidade galega. A ameaza de borrasca quedou en nada, ou case nada pola oposición do anticiclón, pero ainda así temos ante nós unha etapa que non será un camño de rosas, ainda que tampouco unha toxeira. E non nos esquecemos de saudar moi cordialmente a Bar Pequeno, que perdeu a etapa inaugural na súa casa, Corrubedo. Benvido á túa casa!!

As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 15 ata os 22º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 11 e os 17º C., estas tamén con pequenas oscilacións. As precipitacións móvense nun rango de amplitude de entre 0 e 4 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 11 ata os 65 km/h.

Coma sempre será compricado de predicir vencedores con estas grandes diferenzas e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Nas terras do vento Ler máis »