Dende eltiempoentuojete queremos dar conta do troco da estación presentada para esta semana. A estación meteorolóxica de Ziarat non presenta nengún tipo de dato dende fai varios días, polo que nos vemos na obriga de sustituila por outra en condicións de traballo de tódolos parámetros. Esta non é outra que a correspondente á derradeira xornada, Ghalanai, que de ser consignada coma 3ª etapa pasa a ser a 2ª, polo tanto en xogo esta fin de semana. Continuaremos atentos ó comportamento de Ziarat, e de ser un erro momentáneo sería a nosa próxima xornada. Se continúa sen aportar todos os datos necesarios buscariamos outro destino cun comportamento fiable.
Sentimos ter que dar malas noticias e agardamos non sexa un problema na hora de presentar as vosas apostas. Preferimos trocar o destino para evitar complicacións. Reiteramos as nosas desculpas e traballamos para evitar estas situacións.
Xa están expostos os resultados da rolda inaugural da Ojete’s Cup 2025 en Pakistán. Apenas houbo sorpresas ainda que algún cacheira de serie quedou no camiño. A falta de chuvia foi providencial para algúns enfrontamentos, nos que non tivemos que chegar ó desempate por refacho (podes consultar a normativa de desempates no Regulamento, no menú principal na área de Liga Meteorolóxica). Polo tanto xa están decididas as confrontacións de segunda rolda, para vencedores e vencidos. Pero antes, unha ollada ó domingo.
A temperatura mínima non baixou na madrugada dos 25º C. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 32º C. A presencia da chuvia, inexistente na madrugada, continuou nas primeiras horas da tardiña, onde se forman as treboadas, pero chegóuse a hora sinalada sen precipitacións. O vento marcou un refacho máximo miserento de 4.2 nós, 8 km/h.
Deste xeito atopamos a Kaltxon, sexto candidato no máis alto con 54 puntos. Por suposto gañou o seu enfrontamento con Landrán, polo que pasa pola banda verde do cadro ata os cuartos de final. Landrán váise atopar con Popolo, o cadáver deixado pola seguinte protagonista.
Kaltxon se atopará coa cacheira de serie número 3, Beocha, que marcou a segunda mellor marca en Jhelum con 53 puntos. Compartida con Verducido, que venceu a Sarabia e que se atopará con Compoñente Sur, que eliminou a Xowi sen moito traballo. Sarabia e Xowi pelexarán polo outro lado do cadro. Mesmos 53 puntos para Marius, que tirou de heróica para derrotar ó cacheira de serie número 5, Víbora. Agora terá que seguir na racha para doblegar ó cacheira número 4, Julio, que leva na llama todo o ano. Bateu a Denodeno no seu emparellamento con 52 puntos contra 50. A outra semi sorpresa foi a vitoria de Bar Pequeno sobre Breogán77, ainda que era o 8º contra o 9º. Un só punto derimiu a contenda a favor de Bar Pequeno, que loitará contra o deus da predicción, Botikas, ainda que xa o batíu unha vez e de seguro que Botikas buscará a revancha. Gañou a Rasta con 4 puntos de diferenza sen espeluxarse. Rasta agarda agora por Breogán77.
Esta foi unha aproximación ó acontecido en Jhelum. Para coñecer máis en profundidade o acontecido no domingo, pica no enlace embaixo este texto.
A primeira rolda da Ojete’s Cup ten fama de ser importante. Todas as son, pero esta inicial é a que te vai situar no grupo dos 8 mellores para loitar polo título ou vaste ver metido no grupo que loita por unha posición dende o 9º o 16º. Cando estás na banda dos cacheiras de serie pode ser unha decepción ir ó segundo grupo. E viceversa. Vencer a un cacheira de serie é un pulo de enerxía, sobre todo cando te clasificaches polos pelos. Ainda así, recorda que seguirás xogando no caso de derrota nesta rolda e poderás acumular vitorias, no enfrontamento e máis nas vitorias por xornada. Merece a pena chegar ata o final.
As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 32 ata os 35º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 22 e os 28º C., estas sí cunha grande oscilación. As precipitacións móvense nun rango de amplitude de entre 0 e 5 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 12 ata os 40 km/h.
Semella compricado de predicir un vencedor e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 21:00 horas do domingo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da noitiña do sábado, debido ás diferencias horarias co país asiático.
Gran remate do XI Torneo de Vran, polo que xa coñecemos toda a información que nos deixa a competición en Cachemira e, de igual forma, a que precisamos para iniciar o derradeiro concurso da tempada 2024/25, a Ojete’s Cup a desenrolar tamén en territorio pakistaní. Antes de dar conta destas cuestións, imos desgranar o acontecido na etapa final en Garhi Dupatta.
A temperatura mínima non baixou na madrugada dos 23º C., un valor que baixou no anoitecer ata os 22º C. definitivos. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 34º C. A presencia da chuvia, inexistente na madrugada, voltóuse tormentosa no mediodía e nas primeiras horas da tardiña, chegando a sumar ata 24 litros. O vento marcou un refacho máximo de 7.5 nós, 14 km/h.
Deste xeito obtivemos ata 4 vencedores que quedaron ás portas dos 40, con 38 puntos cadanseu. Botikas logrou gañar en 4 das 5 etapas desputadas para levar o campionato no peto. Julio acada a súa 3ª vitoria das 5 etapas en curso e queda no 4º posto debido a un retraso nunha delas. Landrán tamén leva a vitoria situándose no 11º lugar con praza para a Ojete’s Cup. Por último, M.B. Joaquín despídese do torneo con vitoria ainda que non acada praza para a competición u-contra-un por duas incomparecencias.
Con 37 puntos ata 7 participantes. Modesto, Kaltxon, Sarabia, Michi, Víbora, Beocha e Marius levan a segunda mellor puntuación do día, ainda que Michi e Modesto non lograron praza na Ojete’s Cup de Pakistán.
Estes foron os 11 mellores competidores nesta etapa de Garhi Dupatta. Para acadar tódolos datos recollidos na derradeira etapa do XI Torneo de Vran pica no enlace baixo este texto.
Polo tanto e como resumo, Botikas é o vencedor final, con Verducido segundo e Beocha terceira completando o podio. Como cacheiras de serie para esta primeira rolda están, por orde de 4º a 8º, Julio, Víbora, Kaltxon, Compoñente Sur e Breogán77. Seus contincantes son, por orde de 9º a 16º, Bar pequeno, Xowi, Landrán, Marius, Denodeno, Popolo, Sarabia e Rasta.
Esta mesma semana está concertada a cita para a primeira rolda de competición, con destino en Jhelum, na provincia do Punjab, sempre no país de Pakistán. Cara esta noite de luns agardamos estén xa configurados os menús e os destinos na web. Como adianto, ofertamos a composición do cadro para a 1ª rolda cos correspondentes enfrontamentos.
Calqueira dúbida podédela consultar no noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com