Campus meteorolóxico

A segunda xornada do Torneo de Vran 2025 en Cachemira fai parada e fonda en Chattar Kalas, preto de Muzaffarabad, sede do campus da súa universidade. Semella que a chuvia eiquí é tradición e que o pluviómetro traballa perfectamente. A diferencia térmica entre máximas e mínimas e salientable e o vento, coma sempre, morniño.

As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 25 ata os 35º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 20 e os 27º C. cunha aposta á baixa de 15º C. As precipitacións móvense nun rango de gran amplitude de entre 0 e 5 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 11 ata os 36 km/h.

Semella compricado de predicir un vencedor e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 21:00 horas do domingo. Para obter un resultado definitivo deberemos de agardar ata as 05:00 horas da madrugada, cando se actualizan os datos de chuvia e vento (cousas da axencia meteorolóxica pakistaní). Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da noitiña do sábado, debido ás diferencias horarias co país asiático.

As apostas:

Campus meteorolóxico Ler máis »

Achega a Pakistán

Primeira toma de contacto en Cachemira e ainda dubidamos se realmente traballa ben a estación, sobre todo no parámetro da chuvia. Non nos cansaremos de recordar o importante que é pasar pola páxina da axencia que aporta os datos para ver cómo se comporta. E quizais por iso, ou non, somentes temos 6 puntuacións que acadaron os 50 puntos en Chakothi.

A temperatura mínima non baixou na madrugada dos 25º C., un valor que marcaron pouc@s d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 32º C., agardada tamén por pouc@s. A presencia da chuvia foi inexistente e o vento marcou un refacho máximo de 1.9 nós, 3 km/h. miserentos nestas altitudes.

Así atopamos 3 vencedores que de seguro visitaron a páxina pakistaní da FAWS. Con 57 puntos levaron a vitoria Julio, Botikas e Verducido, os tres moi activos esta tempada e con fame de títulos. Pouco erraron as prediccións e xa se postulan coma grandes candidatos a entrar entre os 16 mellores, que da o acceso á Ojete’s Cup.

55 puntos para Beocha, que tamén andivo preto entódolos parámetros e sitúase nunha 4ª posición moi privilexiada.

Mesmo caso para Lume con 54 puntos localizada na 5ª posición da xeral.

M. B. Joaquín tamén foi dos que puntúa cun 5 por diante, con 50 puntos.

49 puntos obtiveron Bar Pequeno e Kaltxon, que non perden comba dos mellores.

Víbora, con 48 puntos, que remata no noveno posto xeral.

Estes foron os 9 mellores competidores nesta etapa inaugural. Para acadar tódolos datos recollidos na derradeira etapa da XI Liga de Primaveira pica no enlace baixo este texto.

Saúde e clima!!

Achega a Pakistán Ler máis »

Toma de contacto en Pakistán

Benvidos a outra das competicións “miúdas” de eltiempoentuojete. Nesta ocasión o Torneo de Vran váise desputar na rexión de Azad kashmir, ou Cachemira para os occidentais, dentro da zona controlada por Pakistán. Esta nova competición ten o premio de clasificarse para a Ojete’s Cup 2025, localizada ó longo no propio país de Pakistán.

As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 25 ata os 33º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 20 e os 28º C. As precipitacións móvense nun rango de gran amplitude de entre 0 e 22 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 5 ata os 31 km/h.

Semella compricado de predicir un vencedor e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 21:00 horas do domingo. Para obter un resultado definitivo deberemos de agardar ata as 05:00 horas da madrugada, cando se actualizan os datos de chuvia e vento (cousas da axencia meteorolóxica pakistaní). Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da noitiña do sábado, debido ás diferencias horarias co país asiático.

As apostas:

Toma de contacto en Pakistán Ler máis »