Ecuador do Torneo

Chegamos á etapa que fai de gonzo, ou bisagra, do Torneo de Vran 2025. Semella que as discrepancias nas apostas poden apuntar a remexer a Clasificación Xeral, polo que haberá que estar moi atento ós posibles movimentos deste domingo en Dhulli.

As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 27 ata os 39º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 16 e os 29º C., tamén cunha grande oscilación. As precipitacións móvense nun rango de gran amplitude de entre 0 e 6 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 4 ata os 42 km/h.

Semella compricado de predicir un vencedor e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 21:00 horas do domingo. Para obter un resultado definitivo deberemos de agardar ata as 05:00 horas da madrugada, cando se actualizan os datos de chuvia e vento (cousas da axencia meteorolóxica pakistaní). Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da noitiña do sábado, debido ás diferencias horarias co país asiático.

As apostas:

Ecuador do Torneo Ler máis »

Pretiño do pleno

Segunda xornada do Torneo de Vran en Azad Kashmir e temos que falar dun vencedor que estivo máis que preto de lograr a perfección. Somentes 0.1 litros o separaron de facer historia viva de eltiempoentuojete. Ainda así, a maioría de participantes poden sertirse orgullos@s do resultado en Chattar Kalas. Iso sí, uns máis que outros…

A temperatura mínima non baixou na madrugada dos 23º C., un valor que marcaron pouc@s d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 34º C., agardada tamén por pouc@s. A presencia da chuvia foi ó límite do litro sen acadalo e o vento marcou un refacho máximo de 3.9 nós, 13 km/h.

Deste xeito atopamos a Popolo como vencedor indiscutible con 59 puntos. Dende a derradeira posición da xornada inaugural ata o derradeiro posto con acceso á Ojete’s Cup, o 16. Pode ser un punto de inflexión pola fazaña realizada e pola subida no escalafón, ainda que axudado por varias ausencias. De calquera xeito, é un resultado para soñar.

Con 58 puntos, Xowi, gran resultado e gran clasificación. 5ª praza ainda que lonxe dos 4 primeiros, pero tempo hai de recortar. O que non recorta senón que acada o liderato en soidade é Julio, que segue coa gran xeira de resultados e semella que quere gañar dous títulos consecutivos. Pois está na onda…

57 puntos para Beocha, que se atopa no 4ª lugar precedendo precisamente a Xowi. Semella que vive no Top-5 e pode ser a oportunidade, unha máis, de facer historia nunha das 4 grandes competicións.

Con 56 puntos entran Víbora, ben situado na 7ª praza, e Verducido e Botikas, que empatan a puntos e vitorias na 2ª posición da xeral. Non fallan, coma sempre.

E sumando 55 puntos temos a un trío de clasificados provisionais. Rasta no posto 15, Breogán77 no 12º e Compoñente Sur pechando o Top-10. Gañan folgos de cara ós seguintes compromisos.

Estes foron os 10 mellores competidores nesta etapa de Chattar Kalas. Para acadar tódolos datos recollidos na derradeira etapa do XI Torneo de Vran pica no enlace baixo este texto.

Pretiño do pleno Ler máis »

Campus meteorolóxico

A segunda xornada do Torneo de Vran 2025 en Cachemira fai parada e fonda en Chattar Kalas, preto de Muzaffarabad, sede do campus da súa universidade. Semella que a chuvia eiquí é tradición e que o pluviómetro traballa perfectamente. A diferencia térmica entre máximas e mínimas e salientable e o vento, coma sempre, morniño.

As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 25 ata os 35º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 20 e os 27º C. cunha aposta á baixa de 15º C. As precipitacións móvense nun rango de gran amplitude de entre 0 e 5 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 11 ata os 36 km/h.

Semella compricado de predicir un vencedor e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 21:00 horas do domingo. Para obter un resultado definitivo deberemos de agardar ata as 05:00 horas da madrugada, cando se actualizan os datos de chuvia e vento (cousas da axencia meteorolóxica pakistaní). Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da noitiña do sábado, debido ás diferencias horarias co país asiático.

As apostas:

Campus meteorolóxico Ler máis »